Mancomunidade

Contacto

Casa do Concello de Ferrol, (2º andar)
Praza de Armas s/n
C.P. 15402 Ferrol, A Coruña
Teléfono: 981944000 Ext. 378

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol está composta polos concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, NarónNeda e Valdoviño.

Estes concellos ocupan en total unha superficie de 444,4 Km2, na que se encontran numerosos e importantes Espazos Naturais Protexidos, en particular o Lugar de Importancia Comunitaria Costa Ártabra, que percorre a maior parte da liña costeira formada polos nove concellos, e o Parque Natural Fragas do Eume en Cabanas, xunto co Lugar de Importancia Comunitaria Xubia-Castro entre Neda e Narón.
Mapa da Mancomunidade

Cunha poboación que roza os 160.000 habitantes, a Mancomunidade forma unha área supramunicipal densamente conectada dende o punto de vista histórico, social e económico.

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol constituíuse en xuño de 1971 cos municipios de Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda aos que se incorporou o concello de Valdoviño en 1977, o de Cedeira en 2010, e finalmente o de Cabanas en 2012. Deste xeito desenvolveuse unha entidade supramunicipal que actúa como espazo de coordinación entre os representantes e técnicos municipais, e ao que progresivamente se incorporan funcións e servizos de acordo cunha perspectiva de coherencia territorial, calidade e optimización de recursos.

Máis información sobre a Mancomunidade en www.comarcaferrolterra.es

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar