Como chegar

 

Estación de Tren de Ferrol
Avenida de Compostela, s/n
(+34) 902 432 343

Longo percorrido

Un tren diario directo (trenhotel) enlaza con Madrid. A través dun único transbordo accédese diariamente a Barcelona, Hendaia e outros destinos españois de importancia.
(+34) 902 240 202 (Reservas)

www.renfe.es

Proximidades

Varios trens diarios conectan Ferrol con outros destinos turísticos das inmediacións como Pontedeume, Betanzos e A Coruña. Ademais, cun único transbordo (A Coruña), accédese con facilidade ao resto das principais cidades de Galicia: Santiago, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo (con ligazóns a Portugal) e Ourense.
(+34) 902 240 202 (Reservas)

www.renfe.es

Feve

O ferrocarril de vía estreita discorre polo norte de España, paralelo á costa do mar Cantábrico, unindo Ferrol con Bilbao.
(+34) 981 370 401

www.feve.es

Transcantábrico

Tren turístico de luxo que percorre o norte e noroeste de España, a España Verde, desde Donostia-San Sebastián, no País Vasco, ata Santiago de Compostela, pasando por Ferrol. Dispoñible para grupos baixo petición (máx. 52 pasaxeiros).

www.transcantabrico.com

 

Autoestrada do Atlántico AP-9. Conecta Ferrol coa Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Tui e a fronteira portuguesa.

Autovía Ferrol-Vilalba AG-64. Conecta Ferrol con Vilalba, onde enlaza coa A-8 e a A-6, con conexións á cornixa cantábrica e a Madrid respectivamente.

Autovía do Cantábrico AA-8. Conecta Galicia con Francia a través da costa cantábrica: Asturias, Cantabria e País Vasco. Enlaza con Ferrol en Vilalba, a través da Autovía Ferrol- Vilalba AG-64.

Autovía del Noroeste AA-6. Comunica Galicia co resto de España a través da provincia de Lugo (ligazón con Ferrol a través da AP-9, nas inmediacións da Coruña, ou a través da autovía Ferrol-Vilalba AG-64).

Autovía Rías Baixas AA-52. Comunica Galicia co resto de España a través da provincia de Ourense (ligazón con Ferrol a través da AP-9 en Vigo ou a través da AP-53/AG-53 en Santiago de Compostela).

 

O acceso aos tres aeroportos realízase comodamente a través da autoestrada AP-9.

www.aena.es

Aeroporto A Coruña LCG
[52 km - 36 min]
(+34) 981 187 200

Aeroporto Santiago de Compostela SCQ
[93 km - 1 h]
(+34) 981 547 500

Aeroporto Vigo VGO
[178 km - 1 h 48 min]
(+34) 986 268 200

 

Estación de Autobuses de Ferrol
Paseo da Estación, s/n

Rutas larga distancia
- Alsa. Conexións con Madrid, Xixón, Bilbao, Irún, Lugo, Ponferrada, Astorga, Benavente, Zamora, Salamanca, Cáceres, Sevilla, Cádiz, Alxeciras, Portugal, Alemaña, Bélxica, Francia e Suíza.
(+34) 902 42 22 42
(+34) 981 326 205
www.alsa.es

Destinos de Galicia
- Castromil-Monbus. Principais destinos: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove, A Toxa, Noia, Muros, Fisterra, Betanzos, Ourense, Narón, Valdoviño, Cedeira.
(+34) 981 314 063
www.monbus.es

- Arriva Noroeste. Principais destinos: Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Santiago de Compostela, Rías Baixas (Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira).
(+34) 981 324 751
www.arriva.es

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar