O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través da sede electrónica do Concello de Ferrol suxeitarase ao establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demáis normativa de aplicación. O acceso e utilización dos servizos proporcionados nesta sede electrónica supón a aceptación desta política de privacidade por parte dos usuarios.
Os datos de carácter persoal que se soliciten e traten a través desta sede electrónica teñen como única finalidade a prestación dos servizos proporcionados na mesma, así como os solicitados polos usuarios e irá acompañada do preceptivo deber de información definido no artigo 5 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Neste sentido, os datos persoais facilitados polos usuarios, xa sexa a través de correo electrónico como mediante a utilización dos distintos formularios web existentes nesta sede electrónica, serán tratados nos termos descritos nas cláusulas informativas que figuran xunto aos mesmos, tal como establece o citado artigo 5 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos que se soliciten aos usuarios serán os estritamente necesarios, adecuados e pertinentes para a finalidade para a que se soliciten, e indicarase, no momento da súa recollida, o seu carácter voluntario ou obrigatorio, así como as consecuencias da obtención dos mesmos ou a negativa a fornecelos.
Os datos persoais dos usuarios serán tratados coas medidas de seguridade necesarias de acordo co previsto no artigo 9 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e o Título VIII do Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Así mesmo, garantirase a confidencialidade dos datos e non se comunicarán a terceiros fóra dos casos necesarios para xestionar os servizos proporcionados a través desta sede electrónica así como os previstos na normativa vixente, non podéndose utilizar, en ningún caso, para fins comerciais. Calquera usuario poderá exercer en calquera momento o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os seus datos persoais, na forma legalmente prevista, ante o Concello de Ferrol, Praza de Armas s/n, 15402 Ferrol.
Normativa |
PDF |
Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais |
|
Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD): norma de aplicación directa en toda a Unión Europea, relativa á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos |
|