É preciso tramitalo diante do xuíz encargado do rexistro civil ou do xuíz de paz, si é o caso, correspondente ao domicilio de calquera dos contraentes, indicando:
a) O réxime económico.
b) Que se desexa prestar o consentimento diante do Alcalde de Ferrol.
DOCUMENTACIÓN QUE TEÑEN QUE PRESENTAR OS CONTRAENTES NO XULGADO:
Para españois:
a) Partida de nacemento literal.
b) Certificado de empadroamento.
c) Declaración xurada do estado civil.
d) Fotocopia DNI dos contraentes.
Ademáis, no expediente deberán prestar declaración dúas testemuñas propostas polos contraentes e un parente, amigo ou achegado dun ou doutro contraente.
Para extranxeiros:
a) Partida de nacemento (traducida e legalizada polo Consulado).
b) Declaración xurada do estado civil.
c) Fotocopia pasaportes
No caso de que o contemple a lexislación do seu pais, será necesario á publicación de edictos.
DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE SOLICITAR PARA RESERVAR DATA NO CONCELLO
Un xustificante de inicio da tramitación do expediente previo no Xulgado correspondente.
LIBRO DE FAMILIA
Debe solicitarse no Xulgado onde se tramitou o expediente unha semana despois da celebración da cerimonia do casamento.
CONTACTO NO REXISTRO CIVIL DOS XULGADOS DE FERROL
Teléfono: 981337355
Fax: 981337356
Correo electrónico: rexistrocivil.ferrol@justicia.es
Título | |
---|---|
Solicitude de pago de taxas | ![]() |
Instruccións | ![]() |
Música | ![]() |
Plano do Torrente Ballester | ![]() |
Testemuñas | ![]() |
Enquisa de satisfacción | ![]() |
Guión | ![]() |
Título | |
---|---|
Auditorio | ![]() |
Sala de xuntas | ![]() |
Patio | ![]() |