OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO
¿Como podes formar parte do voluntariado municipal?
Pode participar calquera persoa no programa municipal de Acción Voluntaria que se axuste á lexislación vixente e ás prazas dispoñibles nos diferentes proxectos de dita acción voluntaria.
Aquelas persoas interesadas deberán dirixirse ao rexistro municipal do Concello de Ferrol e, a través dunha instancia, solicitar por escrito a súa incorporación ao programa municipal de Acción voluntaria entregando fotocopia do D.N.I.
Para obter máis información dirixirse ao teléfono
981-94.42-35 (oficina voluntariado municipal),
centralita do concello 981-94.40.00
email voluntariado@ferrol.es
¿Que teño que facer para participar?
Calquera veciño/a pode participar no Programa Municipal de Acción Voluntaria que cumpra as especificacións marcadas pola lexislación vixente e atendendo ás prazas dispoñibles nos diferentes proxectos de acción voluntaria.
As persoas que estean interesadas deberán dirixirse a calquera rexistro municipal do Concello de Ferrol, e, a través dunha instancia, poden solicitar por escrito a súa incorporación ao Programa Municipal de Acción Voluntaria entregando fotocopia de DNI.
Para máis información dirixirse ao teléfono 981-94.42-35 ou no e-mail: voluntariado@ferrol.es
Formación
O Concello de Ferrol, unha vez que as persoas voluntarias estean inscritas na Bolsa de voluntariado, promoverá e impartirá cursos de formación básica sobre o que supón, legal e socialmente, exercer labores de voluntariado.
Para as persoas voluntarias que xa dispoñan do curso básico, o Concello de Ferrol establecerá outra formación específica para as diferentes actividades que se desenvolven no programa.
Tamén ás persoas voluntarias poden utilizar a plataforma de teleformación da Xunta de Galicia, a través do portal WEB www.voluntariadogalego.org.
NORMATIVA SOBRE VOLUNTARIADO: Lei 10/2011 de Voluntariado de Galicia
Concepto de Acción Voluntaria (LeI 10/2011 de Voluntariado de Galicia)
- Entendese por acción voluntaria a realizada por persoas físicas como resultado da súa participación social organizada no desenvolvemento de actividades de interese xeral a través de entidades de acción voluntaria, sempre que reúnan as seguintes condicións:
- Que se trate dunha decisión libremente adoptada e non traia causa dunha obrigas ou dun deber xurídico.
- Que se execute fóra do ámbito laboral, profesional, funcionarial ou mercantil ou de calquera outro tipo de relación retribuida.
- Que a acción voluntaria se leve a cabo sen contraprestación económica, sen prexuizao do dereito ao reembolso dos gastos que esta acción poida ocasionar ou dos recoñecementos que correspondan.
- Que se le leve a efecto en función de programas concretos, xa sexan promovidos por calquera das entidades de acción voluntaria ou polas administración públicas de Galicia.
- Non serán accións voluntarias as seguintes:
- As actividades que sexan realizadas de forma espontánea.
- As consideradas como prácticas, aprendizaxes ou experiencia profesional.
- As promovidas por calquera entidade para a consecución de beneficio económico ou intereses propios.
- As desenvolvidas como consecuencia dunha relación laboral, mercantil, funcionarial de calquera tipo, asi como as que constitúan exercicio de funcións directivas ou xerenciais nas entidades de acción voluntaria, a no ser cando quen as leve a cabo conserve condición de persoa voluntaria e as desenvolva en tal concepto sen percibir remunerado ou contraprestación por ellas.
- A acción voluntaria non poderá en ningún caso substituír as prestacións a que estean obrigadas as administracións públicas ou outras entidades, o traballo remunerado ou a prestación de servizos profesionais retribuidos.
Definición Persoa Voluntaria (Lei 10/2011 de Voluntariado de Galicia)
- Persoa física que, en virtude da súa decisión persoal, libre e altruista e mais nunha situación de inexistencia de relación laboral, mercantil ou de traballo remunerado, participe en calquera actividade de acción voluntaria mediante unha entidade de acción voluntaria.
- Recoñécense como persoas voluntarias, con todos os dereitos e as obrigas recollidas nesta lei, as persoas que sen estar adscritas a entidades de acción voluntaria colaboren en programas de acción voluntaria especificamente organizados polas administracións públicas no ámbito das súas competencias.
- As persoas menores de idade poderán participar en programas e proxectos de voluntariado específicamente adaptados as súas características, medinte autorización expresa do seus pais, dos seus titores ou da institución que os teña ao seu cargo, con respecto en todo caso á vontade da ou do menor.
- A condición de persoal voluntario é compatible coa condición de membro da directiva da entidade e coa de coordinador de programas ou proxectos de voluntariado, sempre que o cargo non sexa retribuido.
- A condición de persoa voluntaria é incompatible co desempeño de calquera actividade suxeita a retribución económica pola mesma entidade de acción voluntaria na que se integre, cuia natureza, contido e obxecto poidan ter relación cos propios da actividade voluntaria.