Contratos menores

Datos do expediente

Nº expediente 2016028276
Asunto Realización cabalgata de Papá Noel o 24 de decembro de 2016.
Tipo de expediente Contrato menor Festas
Importe líquido 0 €
Importe total 19723 €
Obxecto Realización cabalgata de Papá Noel o 24 de decembro de 2016.
Necesidades A cabalgata estará formada por un mínimo de 3 carrozas de 2,5 metros de ancho, entre 5 e 8 metros de largo e 4 metros de alto (valorarase a oferta dun número superior de carrozas). - A carroza principal deberá de ser a de Papá Noel. Deberá de contar cun espazo no que se sitúe o figurante que represente a este personaxe. O figurante será por conta do adxudicatario. - Cada unha das carrozas deberá habilitar un espazo para acoller a un máximo de 10 nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, así como 2 monitores de acompañamento. Os monitores serán por conta do adxudicatario e faranse cargo dos nenos dende a recollida ata a entrega dos menores ao remate da cabalgata no Pazo Municipal. - As demais carrozas deben de estar decoradas con temáticas de Nadal e infantís mantendo unha estética acorde á temática proposta. As carrozas deberán incluír o arrastre necesario, que estará adecuadamente integrado nas carrozas e na súa decoración. O condutor das carrozas será por conta do adxudicatario. - Deben conter iluminación e equipo de son propios. Tanto o xerador como os equipos técnicos deberán de estar integrados no decorado sen que resulten visibles para os espectadores. - Ao remate da Cabalgata, na Praza de Armas, haberá unha recepción para os nenos no hall do Concello por parte do figurante, polo que a empresa adxudicataria deberán ambientar a dita entrada e dispoñer do persoal necesario para que a dita recepción se desenvolva con total normalidade.

Adxudicación

Importe licitación 19723
Data adxudicación 16/12/2016 10:13:26
Adxudicatario CUARZO PRODUCCIONES ARTISTICAS S.L.

Ofertas

NIF Nome Dirección Importe oferta
B15983281 CUARZO PRODUCCIONES ARTISTICAS S.L. RONDA DE OUTEIRO, 103 (15007) 19723 €
B15261167 SERVICIOS DEPORTIVOS GALICIA S.L. SANTIAGO, 2 (15570) 19965 €
B70472972 EDICIONS EMBORA SL 63 21780 €

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar