Contratos menores

Datos do expediente

Nº expediente 2020031674
Asunto Contrato menor para a realización dun estudio previo sobre a protección anti-intrusión e protección contra incendios de determinados edificios do Concello.
Tipo de expediente Contrato menor Seguridade
Importe líquido 8258,25 €
Importe total 8258,25 €
Obxecto Contrato menor para a realización dun estudio previo sobre a protección anti-intrusión e protección contra incendios de determinados edificios do Concello.
Necesidades Para estes efectos, as necesidades que se pretenden cubrir con este contrato veñen reflexadas nos informes do Coordinador de Seguridade, que figuran neste expediente, nos que consta o seguinte: “Corresponde ao Concello á seguridade dos establecementos da titularidade municipal e concretamente no relativo a seguridade física e contra incendios. Dita función establécese en relación aos medios materiais así como ao mantemento dos mesmos recollido na normativa sectorial de aplicación. A intención do Departamento de Seguridade do Concello de Ferrol é a realización dun contrato cara a dotar a os diferentes edificios de titularidade municipal da seguridade física anti-intrusión e contra incendios necesaria e requirida pola normativa. Previo a dito contrato considérase necesario e prioritario realizar un estudo de necesidades que permita estimar os medios materiais necesarios en base aos riscos detectados e ás peculiaridades de cada un de ditos espazos. O mencionado ESTUDO PREVIO é o obxecto do presente informe de necesidade e corresponde aos presupostos de prestación de servizos solicitados. A prestación correspondería aos seguintes aspectos: a) Valoración das necesidades para unha correcta protección anti-intrusión (incluída vídeo vixilancia) dos seguintes edificios: 1. FIMO. 2. Edificio Portanova. 3. Castelo de San Felipe. 4. Centro cívico de Caranza. 5. Edificio social rúa Sánchez Barcáiztegui. 6. Casa solidaria. 7. Mercado de Caranza. 8. Mercado de Recimil. 9. Mercado da Magdalena. 10. Casa do Concello En relación á intrusión o estudo incluirá: 1. Proposta de medios cara a unha correcta protección anti-intrusión en cada un de ditos edificios e valoración do custo do material e a súa instalación. 2. Proposta de medios en aquelas instalacións con mais dun edificio cara a unha protección completa e eficaz (p.e. fimo ou castelo) e valoración do custo do material e a súa instalación. 3. Avaliación do custo a maiores dun contrato cara a centralización da seguridade en unha central receptora de alarma (pros e contras de dita centralización). 4. Avaliación do custo a maiores cara a centralización da recepción de alarmas no cuartel da Policía Local de Ferrol (pros e contras de dita centralización). b) Valoración das necesidades de Protección Contra Incendios en base a normativa de aplicación dos seguintes edificios: 1. Parque de bombeiros de Ferrol. 2. FIMO. 3. Edificio Porta Nova. 4. Gardería Galiña Azul barrio do Pilar. A presente parte do estudo deberá realizarse a través dunha OCA voluntaria Desenrolado o estudo de necesidades deberá adxuntarse o custo da instalación de ditos medios de PCI. É necesario destacar que sen o presente estudio previo de necesidades ao Concello resultaríalle imposible estimar o custo do contrato para a instalación dos elementos de seguridade física anti-intrusión e de seguridade contra incendios nos espazos sinalados. En relación ao procedemento cara a contratación do servizo para realizar un ESTUDO PREVIO sobre a protección anti-intrusión e protección contra incendios de determinados edificios do Concello INFORMO a) O Concello non dispón dos medios humanos nin materiais para realizar dito estudio. b) Os técnicos do Concello non poden actuar como OCA (organismo de certificación autorizado) para a realización do estudo relativo a protección contra incendios. c) Non existe no Concello persoal propio coa capacidade requirida para valorar de xeito correcto as necesidades anti-intrusión dos edificios sinalados. “

Adxudicación

Importe licitación 6825
Data adxudicación 23/11/2020 14:45:08
Adxudicatario FIBRATEL SL

Ofertas

NIF Nome Dirección Importe oferta
B15711344 ENTYL INGENIEROS S.L. PRAZA ILUSTRACION (DA), 11 O00EOO EOO 15403 21774,68 €
B80444508 FIBRATEL SL Xaudaró, 11 28034 Madrid 8258,25 €
SICURALIA SYSTEMS SL Avda. de Valdelaparra nº 76, local 2. 28108- Alcobendas 28108 Madrid 8649,08 €

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar