Necesidades |
Asistencia técnica para o desenvolvemento e execución do Concurso Internacional de Piano "Cidade de Ferrol" comprensiva dos seguintes contidos:
Dirección artística:
-Propoñer todas aquelas ideas artísticas que contribúan a revitalizar o concurso.
-Propoñer os xurados e artista que considere apropiados e precisos para o evento, tras contactar e invitar en condición de director artístico.
-Planificación do evento.
-Reunir a súa comisión artística para falar dos aspectos artísticos do evento.
-Propoñer as bases do concurso e os premios.
-Dirixir ao seu equipo.
-Facer as xestións necesarias relacionas co evento.
-Definir e elixir aos seus colaboradores.
-Propoñer o caché dos membros do xurado.
-Reunirse co todos aqueles organismos,entidades e persoas necesarios.
Equipo da Asociación de Música Clásica (mínimo 6 persoas)
-Xestionar as inscricións dos participantes e todo o que teña relación coas mesmas.
-Redirixir ao concello as inscricións dos participantes.
-Colaborar co Concello de Ferrol (entidade organizadora)
-Reservar o hotel dos artistas
-Reservar e decidir os lugares de comida/restaurantes adecuados para o xurado durante os días do concurso.
-Planificar os horarios de tódolos actos.
-Xestionar o transporte dos xurados dentro dos días de concurso.
-Promocionar o evento.
-Elaboración do proxecto artístico para a solicitudes de subvención por parte do Concello.
-Xestión continua das redes sociais.
-Atención telefónica e correo electrónico.
-Creación e xestión dunha web idónea como plataforma.
-Xestión e comunicación con tódalas empresas que colaborarán.
-Informar a artistas, colaboradores, entidades e empresas para que xestionen as súas facturas e pagos co Concello de Ferrol.
-Estar en contacto co Concello, para realizar tódolos trámites necesarios.
-Xestión organizativa do certame ata a súa finalización.
-Decidir que material administrativo e organizativo é necesario para a execución do acto.
-Enviar publicidade física e online a máis de 150 países.
-Propoñer convenios de colaboración con outras entidades, nas súas diversas formas (patrocinios, en especie, etc...) |