Necesidades |
Levar a cabo actuacións de asistencia técncia sobre actuacións enerxéticas concretas a realizar polo concello sobre as súas instalacións, incluíndo a análise da situación actual, a orientación sobre as posibilidades de mellora, cálculos de aforro enerxético estimado para casa solución, orientación sobre as liñas de financiación existentes de calquera organismo, sempre que o fin do financiamento sexa o aforro e a eficiencia enerxética, e en especial as do IDAE ou INEGA, preparación das memorias, os traballos técnicos, os cálculos, e, en xeral, a documentación precisa para levar a cabo a tramitación das mesmas, polo prazo temporal de UN ANO. |