Contratos menores

Datos do expediente

Nº expediente 2021003441
Asunto Contrato menor: Servizo de inspección das instalacións de protección contra inendios en 26 edificios do Concello de Ferrol.
Tipo de expediente Contrato menor Seguridade
Importe líquido 11410,3 €
Importe total 11410,3 €
Obxecto Contrato menor: Servizo de inspección das instalacións de protección contra inendios en 26 edificios do Concello de Ferrol.
Necesidades As necesidades a cubrir veñen reflexadas no informe do Coordinador de Seguridade que figura no expediente: "O Código Técnico da Edificación aprobado a través do Real Decreto 314/2006 do 17 de marzo é o marco normativo que regula as exixencias básicas de calidade e seguridade que deben cumprir os edificios. Como parte esencial de dito CTE establécense as exixencias básicas de “seguridade en caso de incendio”, comunmente coñecidas como DB SI. Unha parte esencial do DB SI é a exixencia básica SI 4 referida as instalacións de protección contra incendios. En dito DB SI 4 establécese que o edificio disporá dos equipos e instalacións axeitados para facer posible a detección, o control e a extinción do incendio, así como a transmisión da alarma a os ocupantes. Así mesmo, o DB SI 4 determina, no seu punto II, que o ámbito de aplicación do mesmo son todas as edificacións públicas y privadas que precisen licencia a excepción dos edificios, establecementos e zonas de uso industrial a os que é de aplicación o Regulamento de seguridade contra incendios en establecementos industriais. O correcto funcionamento das instalacións de protección contra incendios dos diferentes edificios, neste caso non industriais, é responsabilidade do titular. En base a todo o anterior INFORMO a) O control do correcto funcionamento das instalacións activas de protección contra incendios do edificios municipais é responsabilidade do Concello e concretamente do Departamento de Seguridade. Soamente poderá garantirse o correcto funcionamento a través dunha inspección das mesmas realizada por entidade capacitada e por persoal técnico cualificado. Dito informe permitirá no só coñecer o estado das mesmas senón tamén permitirá afrontar a reparación daquelas que fora necesario mellorando a seguridade dos usuarios de ditos espazos (traballadores do concello e externos, persoal de servizos e usuarios, etc.). Dito estudo é prioritario para a correcta seguridade dos mesmos. b) O presente contrato poderá ser realizado a través dun contrato menor sen que en ningún momento supoña un fraccionamento de contrato. c) O Concello de Ferrol non dispón de técnicos cualificados pola Consellería de Industria para a realización de ditas inspeccións nin dispón dos medios para facelo polo que é necesaria a contratación de persoal externo. d) Dende a presente coordinación de seguridade procédese a elaboración da solicitude de presuposto (ver documento anexo) e invitación a tres empresas do sector con capacitación para a elaboración de ditos informes. En dita solicitude establécese un custo máximo do contrato de 10.000 € mais IVE."

Adxudicación

Importe licitación 9430
Data adxudicación 15/02/2021 9:03:18
Adxudicatario MXEC GALICIA, S.L

Ofertas

NIF Nome Dirección Importe oferta
B94054236 MXEC GALICIA, S.L ZARAGOZA 62 1 36211 VIGO 11410,3 €
B70444013 OK 3 SEGURIDAD INDUSTRIAL S.L.L. AV.CATALUÑA, Nº20 OFICINA 18, 15570 11628,1 €
B31732241 CONCERTI ENTIDAD DE CONTROL Y CERTIFICACION, S.L. R/ Borobó nº 4 baixo. 15930 Boiro-A Coruña 11664,4 €

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar