Necesidades |
O Concello de Ferrol dispón, ata a data, de nove areais con servizo de socorrismo. Ditos areais no ano 2019 tiñen disposto 34 socorristas.Dito número de areais a protexer de xeito diario implica a contratación dun mínimo de 59 socorristas cada tempada de verán.
A crecente oferta do litoral ferrolán como zona de veraneo, a masificación do turismo de verano xunto a perigosidade das nosas praias de ría implica que o Concello, ano tras ano, non só ten que renovar o número de mínimo de socorristas se non que existe unha crecente demanda de protección en novos areais (p.e. Marmadeiro e Punta Ferruxeda) así como de ampliación de socorristas nos xa existentes.
A todo isto únese as características propias deste colectivo que implica que abandonen dita actividade con prontitude, e sexa necesario renovar constantemente o persoal con capacitación para realizar dito traballo.
O grupo de principal de solicitantes de traballo para dito posto procede de rapaces que finalizan os seus estudios de técnico superior en actividades físicas y deportivas, así como de licenciados en Educación Física.
Ditos profesionais deben, para poder traballar como socorristas, realizar o curso ponte de capacitación para o exercicio profesional do socorrismo en espazos naturais e instalacións acuáticas da Comunidade de Galicia. O problema, que trata de resolver a presente contratación de servizo, é a dificultade para convocar ditos cursos e máis no noso Concello dado que soamente dúas entidades, en Galicia, están capacitadas para impartilo: a) Cruz Vermella
b) Federación Galega de Salvamento e Socorrismo.
En base ao anterior, e tendo en conta a necesidade do Concello de Ferrol de contar cun número suficiente de socorristas para a tempada de praias do ano 2021 CONSIDERO absolutamente necesario a realización, a través dun contrato menor, dun curso de adaptación para o exercicio profesional do socorrismo en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas.
2. OBXECTO DO CONTRATO.
<< Curso de adaptación da actividade física e deportiva para o exercicio profesional do socorrismo en espazos acuáticos naturais e en instalacións acuáticas na Comunidade
Autónoma de Galicia >>
3. CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DO SERVIZO.
O servizo constará das seguintes características:
a) O curso inclúe a capacitación en espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas. b) O curso será realizado integramente en Ferrol e será o Concello quen aporte as instalacións deportivas necesarias. Así mesmo, a parte práctica será realizada no Concello. Corresponde a entidade adxudicataria propoñer instalacións e horarios.
c) Todo o material necesario, ao marxe do anterior, será subministrado pola empresa adxudicataria sen que poida realizarse ningún tipo de pago o prestación a maiores do presupostado.
d) A empresas adxudicataria cumprirá, estritamente, con toda a normativa xeral esectorial de aplicación en relación a: normativa laboral, normativa educativa enormativa sanitaria.
e) O curso, en base ao presupostado, poderá realizarse en varias convocatorias, cunmáximo de 15 alumnos por convocatoria dado as limitacións establecidas polanormativa sanitaria actual.
f) Nas ofertas solicitadas a empresa indicará o custo do curso por persoa.O pagamento, no caso de non completar o número máximo, realizarase pola suma dosasistentes.
4. PRAZOS DE REALIZACIÓN DO CURSO E ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN.
A empresa adxudicataria deberá realizar o curso, incluíndo todas as convocatorias, antes do 15 de xuño do 2020.
Os documentos de acreditación dos traballos serán entregados en formato dixital no departamento de Seguridade do Concello de Ferrol (Praza de Armas s/n 15402 Ferrol).
5. OFERTAS.
Cara a valoración das ofertas, os licitadores presentarán un orzamento desagregado por alumno incluíndo o prezo sen IVE e con IVE, o límite máximo é o establecido para todo contrato menor quedando fora todo orzamento por enriba deste límite.
O criterio de valoración das ofertas será estritamente económico.
O prazo de presentación das ofertas orzamentarias será de dez días dende a recepción por correo electrónico da solicitude.
No caso de requirir maior información acerca das instalacións deportivas onde facelo curso poderase realizar unha visita as mesmas previa solicitude a través do seguinte correo electrónico (coordinadorseguridade@ferrol.es).
6. ORZAMENTO.
O orzamento máximo de licitación é de:
Orzamento sen IVE 15.000 €
Nos prezos indicados inclúense todos os gastos derivados da realización do servizo incluíndo material, trámites administrativos, diplomas, etc.
7. FORMA DE PAGO.
A entidade adxudicataria poderá realizar a facturación de forma conxunta polo total do importe a entrega da documentación requirida a os alumnos e ao Concello. O procedemento de tramitación da factura será o seguinte:
a) A facturación realizarase unha vez entregada a documentación esixida.
b) A empresa tramitará a factura a través do sistema FACE.
c) A factura deberá incluír como mínimo os seguintes aspectos:
o Datos fiscais asinados por un responsable da mesma.
o Referencia do contrato.
o Importe final co IVE desagregado especificando o IVE aplicable.
o IBAN bancario ao que realizar a transferencia.
d) A empresa deberá ter os seus datos bancarios dados de alta no SICAL do Concello. |