Contratos menores

Datos do expediente

Nº expediente 2021012144
Asunto Contratación da enquisa de mobilidade do Concello de Ferrol 2021.
Tipo de expediente Contrato menor Unidade administrativa
Importe líquido 17545 €
Importe total 17545 €
Obxecto Contrato menor: Enquisa de Mobilidade do Concello de Ferrol 2021.
Necesidades A necesidade e características do presente contrato veñen recollidas no informe do arquiitecto municipal que figura no expediente: 1.- OBXECTO Ten como obxecto o presente prego definir as condicións necesarias para a contratación dunha enquisa de mobilidade actual e actualizar os datos dispoñibles da anterior enquisa do ano 2008. A enquisa de mobilidade aborda a seguinte información: - Aspectos socioeconómicos da persoa seleccionada (datos personais e familiares e recursos de mobilidade). - Principais desprazamentos dentro e fóra da cidade de Ferrol (orixe, destino, momentos, motivos, e medios de desprazamento). - Opinión sobre diversos aspectos relacionados coa mobilidade en Ferrol. 2.- CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DA ENQUISA DE MOBILIDADE DO CONCELLO DE FERROL 2021 A Enquisa de Mobilidade do Concello de Ferrol contrúese a partires da información suministrada a través da enquisa Ómnibus semestral que o Instituto Sondaxe realiza no municipio de Ferrol. A ficha técnica é a seguinte: - Ámbito: Municipio de Ferrol - Universo: Poboación residente de ámbos xéneros de 18 anos e máis. - Tipo de Enquisa: Mixta (telefónica e Persoal) asistida por tablets ou soportes móbiles.(Sistema Mobinet). - Tamaño da Mostra: 900 entrevistas da enquisa Ómnibus semestral no Concello de Ferrol. - Selección das Entrevistas: afixación óptima por distritos censais. Selección aleatoria do fogar, con cotas de xénero e idade para a selección do entrevistado. - Error mostral: cun nivel de confianza do 95%, e P=Q como caso máis desfavorable, o erro mostral é de +- 3,3% en datos acumulados. 2.- DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR RESULTADO DA ENQUISA - Bases de Datos, coa información da enquisa en soporte informático, tanto do ficheiro de individuos como do fichero de desprazamentos. - Explotación da enquisa. Documento resume que recolla a metodoloxía utilizada, muestra, cuestionario, informe do traballo de campo e explotación básica da información obtida. 3.- PRAZO DE EXECUCIÓN DA ENQUISA 2 meses 4.- ORZAMENTO DO CONTRATO Establécense os seguintes honorarios de contrato: Orzamento estimado 14.500 € máis IVE, 17.545€ con IVE 5.- CRITERIO DE ADXUDICACIÓN O criterio de adxudicación do contrato será unicamente o económico. A Enquisa de Mobilidade do Concello de Ferrol contrúese a partires da información suministrada a través da enquisa Ómnibus semestral que o Instituto Sondaxe realiza no municipio de Ferrol. Proponse a solicitude de oferta económica á Empresa Instituto Sondaxe SL , por ser ésta a única empresa en Galicia que conta cunha enquisa semestral Ómnibus que realiza no municipio, sendo precisa e imprescindible esta información para poder realizar a Enquisa de Mobilidade do Concello de Ferrol 2021. 6.- FORMA DE PAGO Presentarase a factura correspondiente no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol conxuntamente co documento obxecto do contrato. O pago realizarase despois de contar o documento co informe favorable dos servizos técnicos municipais.

Adxudicación

Importe licitación 14500
Data adxudicación 12/05/2021 14:12:33
Adxudicatario INSTITUTO SONDAXE

Ofertas

NIF Nome Dirección Importe oferta
B15342058 INSTITUTO SONDAXE AVDA. DE LA PRENSA 84- 85 POL IND SABON, 15142 14500 €

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar