Necesidades |
Con data 03/08/2021 a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar emitiu resolución de concesión de axuda ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo ao proxecto "Artabro inclusivo" presentado polo Concello de Fene, Concello de Narón e Concello de Ferrol.
A subvención ten as seguintes características:
- Programa Operativo Español FEMP 2014ES14MFOP001
- Denominación do proxecto ARTABRO INCLUSIVO
- Código GALP2-189
Importe total da subvención: 60.348,55 € ( 85% FEMP 51.296,27€ 15% Nacional 9.052,28€)
Entidades beneficiarias:
CONCELLO DE FENE (21.786,05€)
CONCELLO DE NARÓN (20.291,50)
CONCELLO DE FERROL (18.271,00€)
Para a anualidade 2021 o Concello de Ferrol ten aprobado como gasto subvencionable a cantidade de 13.431€ para a realización da tarefas núm. 2, 3 e 4.
A execución do proxecto desenvólvense en dúas anualidades (2021-2022). O Concello de Ferrol dentro do programa de actividades a realizar ten outorgado a realización da:
Actividade 5. Plan de Sensibilización ambiental e dinamización da rede de colaboradores:
Tarefa 1. Puntos de recollida. Adquisición de colectores para a recollida de refugallos. Sinaléctica destes espazos, dos puntos de recollida, onde se especifique e explique o proxecto Ártabro Inclusivo.
Tarefa 2. Actividades de sensibilización ambiental en colaboración co sector pesqueiro na recollida e tratamento de lixo mariño.
Tarefa 3. Programa de recollida e xestión sostible dos plásticos e lixo mariño. Impulso e seguimento ao plan de traballo de actividades.
Tarefa 4. Material de divulgación e sensibilización do proxecto e das actividades realizadas. |