Necesidades |
Con data 03/08/2021 a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar emitiu resolución de concesión de axuda ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo ao proxecto "Artabro inclusivo" presentado polo Concello de Fene, Concello de Narón e Concello de Ferrol. A subvención ten as seguintes características:
- Programa Operativo Español FEMP 2014 ES14MFOP001
- Denominación do proxecto: ARTABRO INCLUSIVO
- Código: GALP2-189
- Importe total da subvención: 60.348,55 € ( 85% FEMP 51.296,27€ 15% Nacional 9.052,28€)
Entidades beneficiarias:
CONCELLO DE FENE (21.786,05€)
CONCELLO DE NARÓN (20.291,50)
CONCELLO DE FERROL (18.271,00€)
O Concello de Ferrol dentro do programa de actividades a realizar ten outorgado a realización da Actividade 5. Plan de Sensibilización ambiental e dinamización da rede de colaboradores:
Tarefa 1. Puntos de recollida. Adquisición de colectores para a recollida de refugallos. Sinaléctica destes espazos, dos puntos de recollida, onde se especifique e explique o proxecto Ártabro Inclusivo. |