Contratos menores

Datos do expediente

Nº expediente 2022004393
Asunto Contrato menor para a formación de todo o persoal necesario na RCP e o manexo do DESA.
Tipo de expediente Contrato menor Seguridade
Importe líquido 14800 €
Importe total 14800 €
Obxecto Contrato menor para formación a todo o persoal necesario na RCP e o manexo do DESA
Necesidades Para estes efectos, os fins e a necesidade para a celebración deste contrato veñen recollidos nos informes do Coordinador de Seguridade que figuran no expediente, donde se especifican as condicións: Entre outros puntos , sinala o seguinte: O Decreto 38/2017, do 23 de marzo, polo que se regula a instalación e uso de desfibriladores externos fóra do ámbito sanitario establece no artigo 3, que para mellorar as expectativas de supervivencia daquelas persoas que sufran unha parada cardiorrespiratoria, recoméndase a instalación de desfibriladores externos, especialmente nos seguintes espazos... e) Instalacións, establecementos públicos ou espazos abertos en que se realicen actividades recreativas e espectáculos públicos. f) Instalacións deportivas ou espazos deportivos non convencionais de uso público ou privado. g) ... i) Dependencias administrativas da Administración xeral da Comunidade Autónoma ou do sector público autonómico de Galicia, nas cales se concentre ou transite un gran número de persoas. j) Outros espazos que se consideren de interese en relación coa actividade que realicen, ou nos cales se concentre ou transite un gran número de persoas. En relación a ditas recomendacións é a consideración polo departamento de seguridade da necesidade de dotar as diferentes instalacións e centros de DESAS e formar aos traballadores e posibles usuarios no seu manexo. O Concello de Ferrol conta actualmente cos seguintes DESAS, en total 38: No Teatro Jofre, Auditorio de Ferrol, Campo de fútbol de Aneiros, Campo de fútbol de A Gandara, Campo de fútbol de Caranza, Club de Remo A Cabana, Estadio da Malata, Pavillon da Malata, Pavillón Casa do Deporte, Pavillón de Esteiro, Pavillón FIMO, Pavillón Inferniño, Polideportivo Gómez Noia, Departamento de Praias, AVPF e tamén están os 6 de nova adquisición pendentes de colocación. No informe emitido polo Coordinador, con data 21-3-2022 expón o seguinte: "a) Con data de 19 de xaneiro de 2022 realízase o informe de necesidade de dito curso cara a dotar de formación e, polo tanto, da capacidade de manexo de dito aparataxe aos posibles usuarios do mesmo nas instalacións do Concello onde temos DESAS instalados. En dito informe indícanse os puntos onde os mesmos están instalados. b) As previsións do Departamento de Seguridade é que a maior parte dos usuarios de dito curso sexa persoal alleo ao Concello tendo en conta que en ditas instalacións os principais usuarios e traballadores non forman parte da plantilla laboral directa do Concello. c) Tal e como se pode deducir dos espazos indicados a gran maioría dos posibles usuarios dos desas serían: -Persoal da empresa que xestiona o Jofre e Auditorio. -Persoal dos clubs deportivos usuarios das instalacións deportivas indicadas. -Persoal da empresa contratada para a xestión deportiva nas instalacións de Ferrol. -Persoal dos mercados municipais onde teñen sido colocados parte dos seis últimos DESAS indicados. Poderíamos considerar que o porcentaxe de persoal externo ao Concello beneficiario de dita formación sería o 90 % de aqueles que reciban o curso. d) É imposible establecer de antemán o número de cada un deles dado que tal e como está feita a solicitude, esta non implica un número de aspirantes ao curso senón un número máximo en base ás implicacións dun contrato menor. Previsiblemente o contrato non chegue ao máximo establecido, por dito motivo vén establecido un prezo por persoa. e) Por último consideramos que posibilitar a persoal alleo ao Concello, traballador ou responsable en ditas instalacións, onde o propio Concello decide por motivos de seguridade sanitaria instalar un DESA é unha actuación de interese público...". O presente curso realizaríase a través dun contrato menor, tendo en conta que se trata de formación sanitaria está exenta de IVE. Dadas as características do servizo e tendo en conta o Decreto 38/2017, de 23 de marzo, é preciso destacar que o Concello de Ferrol non conta co persoal acreditado nin as instalacións para a realización, cos seus propios medios, do presente curso.

Adxudicación

Importe licitación 14800
Data adxudicación 06/04/2022 14:19:26
Adxudicatario Salus preveción y gestión SLU

Ofertas

NIF Nome Dirección Importe oferta
B32471583 SALUD LABORAL GALLEGA SL POLIGONO DE A GANDARA 127 15570 NARON 14964 €
B15618630 Salus preveción y gestión SLU Polígono Industrial de La Gándara 127 baixo 15570 Narón 14800 €
B70246087 Consultoria Integral de PRL, SL 14996 €

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar