Contratos menores

Datos do expediente

Nº expediente 2022017941
Asunto Contrato menor para renovar a subscrición á normativa UNE, por período dun ano, a través da Asociación Española de Normalización.
Tipo de expediente Contrato menor Seguridade
Importe líquido 4342 €
Importe total 4342 €
Obxecto Contrato menor para renovar a subscrición á normativa UNE, por período dun ano, a través da Asociación Española de Normalización.
Necesidades A súa necesidade, obxecto e características veñen recollidas no informe do Coordinador de Seguridade que figura neste expediente: “1. XUSTIFICACIÓN. Como temos sinalado no informe de necesidade inicial cara á subscrición á normativa indicada recordamos que UNE é o organismo de normalización español en: ISO, IEC, CEN, CENELEC, ETSI e COPANT. Dito organismo contribúe ao desenrolo da economía a través da elaboración de normas técnicas e actividades de cooperación internacional. UNE é o único Organismo de Normalización en España, designado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade ante a Comisión Europea. Coas súas actividades impulsa o desenrolo das infraestruturas de calidade, promovendo a transferencia de coñecemento. Dita designación vén recollida no Regulamento de Infraestruturas para a Calidade e a Seguridade Industrial (Real Decreto 2200/1995) e no Regulamento (UE) 1025/2012 sobre Normalización Europea. Os documentos normativos UNE son un conxunto de normas, normas experimentais e informes creados polos Comités Técnicos de Normalización da Asociación Española de Normalización. As normas UNE son por definición voluntarias; sen embargo, a administración competente pode mediante lei, decreto ou regulamento esixir o seu cumprimento. As normas UNE relacionadas coa seguridade e a calidade son de obrigado cumprimento no mesmo momento no que aparecen reflexadas no BOE. O Real Decreto 513/2017, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios establece ... o apéndice do anexo I inclúe un listado de norma UNE de obrigado cumprimento. As modificacións posteriores deberán ser obxecto de actualización no listado de normas mediante resolución da Dirección Xeral de Industria. O acceso ás normas UNE é prioritario para o departamento de seguridade. Non ter acceso ás mesmas encóntrase ao mesmo nivel que non ter acceso á normativa do BOE ou do DOGA. Así mesmo, dita contratación é idónea para que o departamento poida realizar o seu traballo con garantías de ter os coñecementos normativos actualizados de xeito constante. 2. OBXECTO DO CONTRATO. Subscrición á normativa UNE, polo período de un ano (ano 2022) a través da Asociación Española de Normalización. 3. CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DO SERVIZO. O servizo constará das seguintes características: a) Colección completa de normas UNE en modalidade lectura. b) Colección aberta de 30 normas UNE en modalidade descarga. c) Un usuario simultáneo. d) Período de subscrición – 12 meses.

Adxudicación

Importe licitación 4175
Data adxudicación 13/05/2022 14:33:46
Adxudicatario AENOR INTERNACIONAL SA

Ofertas

NIF Nome Dirección Importe oferta
A83076687 AENOR INTERNACIONAL SA Génova nº 6, 28004-Madrid 4342 €

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar