Contratos menores

Datos do expediente

Nº expediente 2022018727
Asunto EQUIPAMENTO E DOTACIÓNS DAS PRAIAS MUNICIPAIS: SANTA COMBA, FRAGATA-PAREIXAL, ESMELLE, SAN XURXO, DONIÑOS, PENENCIA E CARANZA DO CONCELLO DE FERROL
Tipo de expediente Contrato menor Medio Ambiente
Importe líquido 45350,8 €
Importe total 45350,8 €
Obxecto Equipamento e dotacións para as praias municipais: Santa Comba, Fragata-Pareixal, Esmelle, San Xurxo, Doniños, Penencia e Caranza.
Necesidades EQUIPAMENTO E DOTACIÓNS PARA AS PRAIAS MUNICIPAIS SANTA COMBA, FRAGATA-PAREIXAL, ESMELLE, SAN XURXO, DONIÑOS, PENENCIA E CARANZA consistente en: -Renovar/ restaurar determinados elementos deteriorados polo uso ou o paso do tempo -Substituír ou incorporar elementos de mobiliario urbano comúns a tódalas praias de modo que se consiga unha estética común. -As actuacións a levar a cabo en cada unha das praias é a seguinte: PRAIA DE SANTA COMBA Reparación e reposición dos elementos de madeira que conforman a escada que leva á Ermita de Santa Comba. Reposición das pezas de madeira que conforman o valado existente. PRAIA DA FRAGATA-PAREIXAL Reparación e reposición de elementos de madeira que conforman a pasarela de acceso ao areal. Lixado e pintado da caseta dos baños e instalación da dobre barra no aseo adaptado que exixe a normativa vixente. PRAIA DE ESMELLE Reparación e reposición de elementos de madeira que conforman a pasarela de acceso ao areal. Lixado e pintado da caseta dos baños e substituirase as carpinterías de acceso aos baños debido ao gran deterioro que presentan. Baixar a cota da escada a altura do areal, construíndo 4 chanzos coa mesma solución construtiva que na actualidade, isto conleva a prologanción do actual pasamáns de madeira. PRAIA DE SAN XURXO A caseta dos aseos/punto de socorrismo será saneada e pintada. Substituir unha das portas de acceso aos aseos debido ao estado de oxidación que presentas as ferraxes. Colocaranse placas identificativas do sexo. PRAIA DE DONIÑOS Revisar e repoñer os elementos de madeira que conforman tanto a pasarela que bordea o areal como a varanda. Acondicionaranse as pasarelas perpendiculares que conducen á praia. Lixado e pintado do módulo de aseo existente, así como a substitución das carpinterías debido aos problemas que presentan. PRAIA DE PENENCIA Tratamento do módulo de socorrismo: lixado e pintado do mesmo. Reposición das sinais verticais de acceso existentes, debido aos problemas de estabilidade que presentan. PRAIA DE CARANZA Prolongarase a baixa á praia aproximadamente 10 m. Manterase o mesmo acabado consistente en murete de granito con rígola de adoquín e a outra marxe barandilla de aceiro inoxidable. A necesidade desta ampliación conleva a creación dun muro de escollera para substentar ao murete de granito, así como para abrir o paseo no punto de contacto co areal. Isto permitirá abrir o radio para facilitar as maniobras de acceso e saída do tractor de limpeza. Previamente ao inicio da tempada de praias, é necesario realizar pequenas actuacións de reparacións para que as infraestructuras estén nun grado de utilización aceptable, e que permitan a seguridade e accesibilidade ás mesmas. Estas reparacións son diferentes cada ano, debido a que, ou ben son producidas por actos vandálicos, ou ben por fenómenos atmosféricos que afectan ao litoral, e que non son susceptibles de valoración anticipada, nin é posible determinar con antelación os lugares que precisarán reparación, nin que reposicións se precisarán. Estas cuestións, polas súas características, impiden a tramitación doutro tipo de procedemento.

Adxudicación

Importe licitación 37480
Data adxudicación 13/05/2022 10:11:03
Adxudicatario PROSEMA NOROESTE S.L.

Ofertas

NIF Nome Dirección Importe oferta
32689879W PABLO SEIJAS TIZON 100 2 A 38790 €
B70382064 PROSEMA NOROESTE S.L. DE CATABOIS, KM.3.7 15405 FERROL 37480 €

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar