Contratos menores

Datos do expediente

Nº expediente 2023047346
Asunto Tramitación anticipada GASTO.- Contrato menor de subministro para o alugueiro dunha ambulancia tipo B (SVB) (a partir de xaneiro de 2024)
Tipo de expediente Contrato menor Seguridade
Importe líquido 17696,25 €
Importe total 17696,25 €
Obxecto Contrato de subministro para o alugueiro dunha ambulancia tipo B (SVB)
Necesidades A súa necesidade vén recollida no informe do Coordinador de Seguridade que figura neste expediente, no que sinala: 1. XUSTIFICACIÓN DA NECESIDADE. Con data de 14 de decembro do 2022 realízase o seguinte informe de necesidade en relación ao aluguer dunha ambulancia SVB ante o que, naquel momento, era unha inminente compra trala aprobación dunha dotación orzamentarias para a compra de un vehículo de dito tipo: << O departamento de seguridade do Concello de Ferrol dispón dunha ambulancia SVB, xestionada pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, que presta servizo ao noso Concello en preventivos de protección de eventos, espectáculos públicos e actividades recreativas; así mesmo, presta servizo a os areais de Ferrol durante a tempada de praia e realiza unha colaboración permanente coa Fundación 061 Galicia. Dito vehículo ven realizando unha media de 690 servizos anuais sendo a parte principal da rama sanitaria da nosa agrupación de voluntarios de protección civil referente na nosa comunidade no ámbito sanitario. Por dito motivo, o Pleno do Concello aproba unha dotación orzamentaria para a compra dun vehículo de ditas característica (Ambulancia tipo B) cara ao ano 2023. A partida orzamentaria non é coincidente no tempo co período de vixencia para as certificacións técnico-sanitarias, establecido no artigo 12 do Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario, que é de dez (10) anos. Así, a actual ambulancia caducaría en xaneiro do 2022, período que demórase ata o 31 de decembro do 2022 grazas a prórroga establecida pola Orde PCM/282/2022, do 6 de abril, pola que se modifica a Orde PRE/1435/2013, do 23 de xullo, pola que se desenrola o Regulamento da lei de Ordenación dos Transportes Terrestres en materia de transporte sanitario por estrada. Así pois, de xeito ineludible á ambulancia actual do Concello ten de vida útil como vehículo de transporte sanitario ata o 31 de decembro de 2022 non tendo reposto para a mesma ata a culminación do contrato a realizar co orzamento aprobado polo pleno do Concello de Ferrol. Ante o enorme dano que tería para os veciños do noso Concello a carencia de dito servizo faise prioritario realizar e aprobar o presente contrato menor para o aluguer dunha ambulancia das características indicadas no seguinte punto>>. Ante o retraso na compra de dito vehículo e a finalización do anterior contrato de aluguer, faise necesario a realización dun novo contrato de alugue, coas mesmas características do anterior (contrato menor) que permita manter o presente servizo (un servizo vital para a seguridade dos nosos veciños). Por motivos de economía, tanto en temporal como financeira, solicítase presuposto á mesma empresa coa que temos contratado o aluguer da actual ambulancia dado que o contrato é o mais económico para o Concello ao non haber máis empresas con este tipo de vehículos en alugue. 2. OBXECTO E CARACTERÍSTICAS DO SUBMINISTRO. Trátase do aluguer dunha ambulancia tipo B (SVB), coas características seguintes e nas condicións indicadas: 1) Período de alugue: Cento noventa e cinco (195) días. Dende o 01 de xaneiro de 2024 ata o 13 de xullo de 2024. 2) Inicio do período de alugue: 01 de xaneiro de 2024. Características do vehículo: Furgoneta, tipo L2H3, carrozada como ambulancia tipo B. Carrozado imprescindible: a. O vehículo contará só coa bancada e a súa padiola. b. O vehículo entregarase sen ningún tipo de material asistencial nin funxible. c. O vehículo entregarase sen a dotación asistencial. d. O vehículo deberá vir carrozado para que poida ser conducido por un carné tipo e. A unidade asistencial deberá entregarse coa ITV e a ITS pasada, como mínimo 1 semana antes da data de recollida. f. A empresa adxudicataria deberá presentar un documento certificando que o vehículo conta con todas as homologacións necesarias g. O vehículo debe contar co seguro de circulación obrigatorio. h. O vehículo deberá contar coa súa tarxeta de transporte obrigatoria. i. Todos os mantementos mecánicos (ata os 35.000 quilómetros), así como avarías non relacionadas con accidentes por imprudencia serán asumidos pola empresa adxudicataria do contrato. j. Os mantementos, así como as reparacións mecánicas terán que ser realizadas nun taller situado como máximo a 30 minutos da base operativa do recurso, situada na C/Estrela S/n - Parque Reina Sofía - Ferrol, A Coruña 15401. k. En caso de avaría grave do recurso, que impida a súa mobilización máis de 9 días naturais a empresa terá que repoñer o mesmo nun prazo inferior a 4 días naturais.

Adxudicación

Importe licitación 14625
Data adxudicación 29/12/2023 10:39:27
Adxudicatario AMBULANCIAS LAPEÑA SL

Ofertas

NIF Nome Dirección Importe oferta
B96281050 AMBULANCIAS LAPEÑA SL Carretera del Río, nº 265, Pinedo, 46012-Valencia 17696,25 €

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar