Gelego Gelego Español Español

Cartoóns

Excéntricas e Teatro de Adro

Dous tipos abandonados nas marxes.

Pode ser na marxe do mar, morando nunha pequena e coqueta illa. O que se chama vulgarmente náufragos, robinsons. Persoas que perderon pé e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber até o smoking que

necesitan para acudir a unha gala.

Poden estar na marxe do primeiro mundo, e seren seres que se ven obrigados a exiliarse da guerra da sua patria, para instalarse nas comfortables valados que lles poñemos na porta da UE ou dos USA. Perderon todo e teñen que inventalo todo de novo.

Ou, para non viaxar tanto, poden ser marxinais que viven na marxe da nosa sociedade e conveten en luxo o noso lixo.

Os que penetran e esculcan neses mundos son dous clowns e a súa ollada inocente fannos ver as cousas diferentes.