Gelego Gelego Español Español

Mai Mai

Baobab Teatro

Mai Mai é a historia do último oso panda do planeta e a súa loita por sobrevivir. A falta de comida e os problemas ocasionados polo quecemento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller forte e emprendedora e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último panda do planeta, toda unha aventura na que atoparán unha chea de problemas que solventar… Unha historia tenra e moi divertida onde se mesturan o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental. Unha historia que fala de revolución, que plasma o empoderamento da muller e que nos fará meditar sobre o que estamos a facer con nós e co noso planeta.

Tipo de espectáculo: Teatro / público familiar a partir de 5 anos / idioma: galego