Gelego Gelego Español Español
[[imaxe]]
[[galeria]]

Poemas Visuales

Jordi Bertrán

[[separador]]
28/02/2021 60 12:30 13:30
Teatro Jofre
  • 4
2,00http://www.ferrol.es/jofre/Paginas/SelEvento.aspx

Sinopse

[[contido]]
Poemas Visuales “Poemas visuais”, é un espectáculo cargado de tenrura, que enche cada recuncho da escena dun virtuosismo inusual, froito de longos anos de traballo. No escenario cobran vida un conxunto de letras construídas con extrema sinxeleza que requiren de gran mestría para lograr que, coa súa manipulación, o xesto transfórmese en verso e o verso en emoción. O espectáculo está inspirado na maxia dos poemas visuais do poeta catalán Joan Brossa, tomando prestado o magnetismo do abecedario brossiano, o xogo de letras co que o poeta ilustraba a súa poética visual. Poemas Visuais comeza cun actor-músico, encarnando a un poeta; leva consigo unha maleta chea de letras de escuma e empeza a xogar cos seus sons e formas, descubrindo que a partir das letras pode crear poesía sen necesidade de construír palabras Coa guitarra e as cancións establece unha tenra relación coas letras que toman vida e crean un universo cheo de personaxes, coreografías, humor e accións dramáticas, onde se demostra que as letras non só serven para encher papeis e ordenadores senón que tamén poden crear un mundo sensible, de sobrecolledora sinxeleza. As letras, manipuladas con baleas sobre unha mesa, adquiren vida propia e vanse transformando a medida que avanza o espectáculo: A "E" convértese nun can que xoga cun neno, que é a "I". Unha "X" cunha "U" crean unha bailarina rítmica e unha simple " T" un trampolinista.
[[tags]]