PROPOSTAS PARA APRENDER

Ti tamén podes crear e divulgar os teus contidos!

Cóntame Ferrol non só recompila formatos que falan do territorio ou a identidade. Tamén aborda a necesidade da cidadanía de incorporar novos coñecementos para mellorar as súas destrezas dixitais. Entre elas, as que teñen que ver coa creación, a comunicación e a capacidade de compartir coñecemento.

Velaquí tes as propostas formativas desenvoltas ata o de agora!

  • Obradoiros de cultura dixital: novos formatos e narrativas

    Obradoiros de cultura dixital: novos formatos e narrativas

    Unha proposta deseñada para aprender de maneira práctica como aplicar metodololoxías dixitais ou desenvolver contidos en proxectos socioculturais e creativos, novos ou xa existentes en formatos non dixitais.

  • Obradoiros de cultura dixital: creación de contidos

    Obradoiros de cultura dixital: creación de contidos

    Un taller orientado á creación colectiva de vídeos a través de fotovoz. Isto é, traballar sobre fotografías e relatos aportados por cada unha das participantes para tecer un novo discurso, en formato audiovisual.

  • Mapa da memoria de Ferrol

    Mapa da memoria de Ferrol

    Unha proposta para investigar e interpretar o territorio e levar esa visión persoal a un mapa dixital no que, a través de puntos e contidos audiovisuais, crear itinerarios. Neste caso, relacionados coa memoria veciñal, industrial ou dos lugares de Ferrol.

Condicións de uso e tratamento de datos.

O Concello de Ferrol infórmache sobre a súa Política de Privacidade ao respecto do tratamento e protección dos datos de carácter persoal dos usuarios e clientes. Neste sentido, o Titular garante o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, reflectida na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e de Garantía de Dereitos Dixitais (LOPD GDD). Cumpre tamén co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD).


Concello de Ferrol
Praza de Armas, s/n
Ferrol, A Coruña 15402
Spain