A intervención contempla a renovación total da vía no tramo entre San Antón e a estrada Alta do Porto cuxa obra foi adxudicada por 473.830,78 euros, dos que 379.064,62 corresponden a fondos europeos e 94.766,16 a unha achega municipal. O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, apuntou que se trata dunha “importante intervención na zona histórica da cidade” que “logrará revitalizar e dinamizar” o barrio de Ferrol Vello xunto coa tamén actuación municipal na rúa Carmen Curuxeiras.

AS OBRAS DE REURBANIZACIÓN DA RÚA ESPARTERO COMEZARÁN O PRÓXIMO LUNS

Ferrol, 8 de xaneiro de 2021.- As obras de reurbanización da rúa Espartero, adxudicadas polo Concello de Ferrol, darán comezo o próximo luns, 11 de xaneiro. A mediados de decembro firmouse coa empresa adxudicataria o contrato deste proxecto que é unha operación cofinanciable polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España Feder 2014-2020 ao abeiro da Estrategia de Desarrollo Urbano Sostenible e Integrado (Edusi) “Ría de Ferrol, Cidade 2020”. O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, indicou que se decidiu agardar unhas semanas para o inicio dos traballos para non ter pechada a rúa durante o Nadal e tamén para evitar que se produzan interrupcións xa no mesmo inicio das obras debido aos festivos.

O proxecto de reurbanización de Espartero contempla a renovación completa da rúa no tramo entre San Antón e a estrada Alta do Porto. A obra foi adxudicada por 473.830,78 euros, dos que 379.064,62 corresponden a fondos europeos e 94.766,16 a unha achega municipal. Eliminaranse as beirarrúas, co que se disporá dunha plataforma única, aínda que con diferente pavimento para peóns (lousas de granito) e vehículos (adoquín) entre San Antón e Baterías. Entre Baterías e a estrada Alta do Porto non haberá esa distinción e só se empregará granito. Aproveitaranse as lousas históricas na medida do posible, e o novo material que se necesite será de similares características. Tamén se renovarán as instalacións de saneamento e abastecemento de auga. Faranse canalizacións para soterrar o tendido eléctrico e colocarase novo alumeado acorde co de Ferrol Vello.

Reina apuntou que se trata dunha “importante intervención na zona histórica da cidade” que “logrará revitalizar e dinamizar” o barrio xunto coa actuación que o Concello está a levar a cabo na rúa Carmen Curuxeiras.