Boas Prácticas

A detección, análise e transferencia de Boas Prácticas constitúe o eixo fundamental de todas as Estratexias de Comunicación e constitúe unha ferramenta esencial para a xestión pública e para o avance na consecución dos obxectivos da Política Rexional Comunitaria.

Toda actuación que responda aos seguintes criterios poderá ser considerada como Boa Práctica:

  • O papel do FEDER na actuación foi convintemente difundido entre os beneficiarios/as, beneficiarios/as potenciais e público en xeral.

  • A actuación incorpora elementos innovadores.

  • Adecuación dos resultados obtidos aos obxectivos establecidos.

  • Contribución á resolución dun problema ou debilidade detectada no ámbito de execución.

  • Alto grado de cobertura sobre a poboación á que vai dirixida.

  • Consideración dos criterios horizontais de igualdade de oportunidades e non discriminación, así como responsabilidade social e sostibilidade ambiental.

  • Sinerxias con outras políticas ou instrumentos de intervención pública.

ACTUACIÓNS SELECCIONADAS BOA PRÁCTICA:

  • Reconstrucción da praza de Armas, eliminando o aparcamento subterráneo, peonalizándoa, con plantación perimetral de arbolado e con novo equipamento: ver documento
  • Cambios na iluminación pública, mediante o uso de tecnoloxías LED e a eliminación do cableado aéreo na rúa Magdalena e a contorna da praza de Armas: ver documento