Criterios de selección de operacións
A selección de operacións estará rexida polos principios de igualdade entre beneficiarios, eficiencia, eficacia e sustentabilidade das operacións, transparencia dos criterios de selección, capacidade dos beneficiarios para implementalos e aliñamento estratéxico con outras operacións e instrumentos.
Ademáis, as operacións deberán:
Contribuir á estratexia.
Contribuir ao programa operativo.
Abordar os problemas dunha forma integrada e amosar vínculos claros con outras intervencións ou proxectos coexistentes.
Os seus xestores deberán demostrar experiencia e capacidade.
O deseño da estratexia deberá involucrar á poboación e aos axentes locais.
Igualmente, as operacións propostas ao abeiro do plan de implementación da EDUSI “Ría de Ferrol, Cidade 2020” para cada unha das liñas de actuación deberán ter en conta os criterios de selección e priorización de operacións definidos polo Comité de Seguimento en base aos diversos obxectivos específicos aos que se pretenda dar cumprimento.