Indicadores de Productividade
Os indicadores de productividade están ligados a prioridades de inversión e son directamente proporcionais ao gasto realizado. Por esta razón, o seu valor inicial é nulo, e vai acumulando valor a medida que van desenvolvéndose as operacións. Poden definirse como os bens e servizos “mercados” no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado.
Indicadores de Resultado
Os indicadores de resultado son máis amplos ca os de productividade. Están ligados a obxectivos específicos e miden o cambio previsto en relación con ditos obxectivos. Vense afectados, ademáis de polo gasto realizado, por outros factores externos: socioeconómicos ou medioambientais, entre outros. Deben cuantificar un valor inicial de referencia (que por termo xeral non será cero) e a evolución do mesmo cunha periodicidade como mínimo anual.