Avaliación:

A Política de Cohesión do período 2014-2020 deberá orientarse a resultados con maior intensidade ca en períodos anteriores, co fin de contribuir de forma visible aos obxectivos da Estratexia Europa 2020. Así, a regulación dos Fondos pon maior énfase no deseño dos programas, en canto aos resultados a acadar, así como nas actividades de avaliación a nivel nacional e rexional. A finalidade é poder medir e coñecer os resultados dos programas e a súa contribución aos obxectivos da Unión.

Para máis información: Evaluación Fondos Comunitarios: periodo 2014-2020

Plan Avaliación Feder 2014- 2020:

O Plan de Avaliación FEDER 2014-2020 ten como obxectivo xeral “Apoiar á Autoridade de Xestión e Organismos Intermedios na implementación dos Programas Operativos e analizar a súa eficacia, eficiencia e impacto”.

O sistema de avaliación para 2014-2020 presenta unha estrutura en dúas partes: unha parte común a todos os programas e outra específica para cada un deles, isto é:

  • Un Plan de Avaliación Común, cos elementos comúns a todos os PO FEDER 2014-2020.

Plan de Avaliación Común

Descargar PDF
  • Un Plan de Avaliación Específico para o Programa Operativo FEDER Plurirrexional de España 2014-2020.

Plan de Avaliación Específico

Descargar PDF