Plan de Implementación da Edusi “Ría de Ferrol, Cidade 2020”

O plan de implementación da EDUSI “Ría de Ferrol, Cidade 2020” contempla un conxunto de líneas de actuación encamiñadas a alcanzar os obxectivos definidos para a estratexia.

Novas Tecnoloxías

Líñas de actuación:

• EFICIENTE E DIGITAL: Plan Rector Interno de optimización e eficiencia de recursos en ambas administracións no marco da súa adaptación á Lei de Procedemento Administrativo Común.

• EFICIENTE E DIGITAL: Acceso da cidadanía á e-administración.

• EFICIENTE E DIGITAL: Smart Mobility.

Obxectivos:

  • Modernizar a administración electrónica.

  • Mellorar a usabilidade e accesibilidade dos trámites e servizos da administración local.

  • Facilitar a interacción coa cidadanía.

  • Aumentar a porcentaxe de persoas que usan os servizos da sede electrónica do Concello e se benefician da tecnoloxía no emprego dos servizos públicos.

  • Implantar e impulsar ferramentas TIC para unha mobilidade máis eficiente.

Eficiencia Enerxética

Líñas de actuación:

CIDADE DA ILUSTRACIÓN: Mellora da eficiencia enerxética na iluminación das zonas urbanas con valor patrimonial.

FERROL MOLA: Eficiencia enerxética en vivendas.

Obxectivos:

  • Procurar o aforro enerxético na iluminación pública exterior.

  • Reducir o consumo final de enerxía en edificación.

  • Combater a pobreza enerxética e aportar calidade de vida á cidadanía beneficiaria.

  • Reducir as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI).

  • Mellorar as zonas urbanas con valor patrimonial.

  • Revitalizar o nicho económico da rehabilitación e do mercado inmobiliario.

Mobilidade Sostible

Líñas de actuación:

• COMPACTA, VERTEBRADA E CONECTADA: Humanización eixo vertebrador Ferrol e Narón (Castela) e as súas suturas entre barrios.

• COMPACTA, VERTEBRADA E CONECTADA: Actuacións do Plan Mobilidade Sostible e plans afíns.

Obxectivos:

  • Poñer en marcha plans de mobilidade urbana sostible e baixa en carbono.

  • Conectar ambas cidades con criterios de mobilidade sostible, fomentando os modos de desprazamento a pé, en bici e en transporte público.

  • Favorecer os fluxos e a actividade económica entre ambas cidades.

  • Mellorar a accesibilidade universal da cidadanía en vías e instalacións públicas.

  • Apostar por unha cidade máis “saudable” mediante a reducción da contaminación e a creación de sendas peatonais e carrís bici.

Patrimonio Histórico, Cultural e Marítimo

Líñas de actuación:

• CIDADE DA ILUSTRACIÓN: Rehabilitación patrimonio cultural Candidatura Patrimonio UNESCO (zonas urbanas con valor patrimonial e turístico).

• OLA MAR: Recuperación patrimonio marítimo natural e cultural.

• OLA MAR: Turismo activo na ría.

Obxectivos:

  • Rehabilitar centros históricos e outras áreas urbanas dotadas de patrimonio cultural.

  • Adoptar medidas de conservación, protección e mellora do patrimonio natural vinculado á Ría de Ferrol (dentro da área urbana).

  • Revitalizar o centro urbano, propiciando unha maior actividade socioeconómica.

  • Incrementar o número de visitantes que son atraídos ás cidades como consecuencia do atractivo do seu patrimonio histórico, artístico, cultural e marítimo, favorecendo sectores como a hostalería e o comercio.

  • Promover o turismo sostible como sector produtivo, aproveitando o potencial turístico da Ría de Ferrol, con actividades de ocio e disfrute do mar.

Medio Ambiente

Líñas de actuación:

 • OLA MAR: Infraestruturas para a apertura urbana e o disfrute do mar en zonas industriais e portuarias e descontaminación da ribeira e a ría.

Obxectivos:

  • Mellorar o estado dos chans urbanos, recuperándoos para usos públicos amables co medio ambiente.

  • Rehabilitar a riqueza ecolóxica da Ría de Ferrol.

  • Mellorar o medio ambiente urbano na súa dimensión ambiental, paisaxística e urbanística, polo impacto que ten no benestar da poboación, a promoción da cohesion social e territorial e a competitividade.

Cohesión Social

Líñas de actuación:

MÁIS ALÁ DO NAVAL: Acompañamento na diversificación económica: profesionais web based, naval e industrial con valor engadido, smart cities, turismo, primario, rehabilitación e eficiencia enerxética, social e calidade de vida.

• FERROL MOLA: Cohesión social: servizos, conciliación, tecido, participación, voluntariado, revitalización, calidade de vida, marca de atracción.

• FERROL MOLA: Rehabilitación de vivendas en zonas urbanas.

Obxectivos:

  • Acadar a sostibilidade do tecido económico a través da diversificación e fortalecemento de nichos estratéxicos como a industria 4.0, primario, calidade de vida, rehabilitación e turismo.

  • Incrementar o número de persoas e actividades nos nichos estratéxicos con efecto multiplicador.

  • Fomentar o emprendemento.