Nace esta Agrupación a finais de 1988, entrando a formar parte do panorama musical de Ferrolterra, coa única bagaxe da súa gran afección e ganas de superarse. Así, a comezos de xaneiro de 1989, inician os seus ensaios para poñer en marcha este proxecto.
Fan o seu debut como rondalla o 18 de marzo de 1989 na Noite das Pepitas (día grande en Ferrol dedicado a homenaxear á muller ferrolá). En abril do mesmo ano, e despois da boa acollida que o público lles deparou, é cando os compoñentes do grupo se constitúen formalmente como Agrupación Artística Ferrolana Bohemios".
Amplo é o número de escenarios de Galicia en que a Agrupación interpretou as súas cancións practicamente en todas as entidades socioculturais ademais de en diferentes auditorios e teatros.
Actuacións en: Portugal. En Vila do Conde 1990, con motivo do cincuenta aniversario do Rancho da Praça; en Porto, Palacio de Cristal da Feira Internacional de Mostras.
Vivero (Certamen Anual de Habaneras), A Coruña (do IX ao XXVI Encontros Corais de Habaneras Cidade da Coruña.), Vigo (Feira de Turismo Alimentación). Feira Internacional de Silleda, Maceda (Ourense). Teatro Palacio Valdés e Casa de Cultura de Avilés (V,VII e X Encuentros Corales de Habaneras Centros Galegos de Xixón, Barcelona e Madrid , XVII Edición da Gran Noite de Galicia no hotel Reina Sofía de Barcelona, patrocinada polol gremio de Hostalaría e seleccionados pola Directiva da Noite de Galicia en Barcelona, presidindo os actos o Presidente da Generalitat de Cataluña, Excmo. Sr. Jordi Pujol. Recita en FITUR do ano 2000 Cebrada na Cidade Condal, patrocinado polo gremio de hostalaría e seleccionados pola Concellaría de Turismo do Concello de Ferrol, Certame de Habaneras no Teatro Bérgidum de Ponferrada (León). XI Trovada de Habaneras de Mayorga (Valladolid), son nomeados artistas con mención especial na FESTA ESPAÑOLA no Club Metropole das Palmas de Gran Canaria. XV Ciclo Coral Internacional de Polanco (Santander), así como diversas actuacións na R.T.V.G.
En Avilés reciben o galardón do primeiro “Llagarón de Pascua” da man do presidente da Asociación da Prensa de Aviles, e a “Faba de Plata” da asociación con este mesmo nome.
En Ourense conseguen o primeiro premio do II Certame Internacional de Rondallas e Corais organizado pola Rondalla Alecrín “La Troya”, patrocinado pola Deputación de Ourense e Consellería de Cultura e Comunicación Social da Xunta de Galicia.
O 11 de maio del 2002 no Salón de Plenos do Excmo. Concello de Ferrol, apadriñado polos alcaldes de Avilés e Ferrol, realiza o I Irmandamento Musical co Coro do Centro da Habana en Avilés..
Y En xaneiro de 2007 actuaron en Segovia realizando una serie de actuacións: Teatro Juan Bravo de Segovia, Palacio de La Granja, Nieva. En marzo de 2009 trasladan os seus cantos e “rondas” da tradicional “Noite das Pepitas” ás rúas da capital segoviana.
En outubro de 2010 celebran o V Irmandamento Musical, nesta ocasión coa Agrupación folclórica Santa Cecilia da cidade de Huesca. En outubro do 2011, celebran o VI Irmandamento Musical, coa Agrupación Folklórica Tres Parral de Burgos. Con especial interese participan en eventos organizados a favor de entidades e centros benéficos.
En canto á súa discografía pódense citar os seguintes traballos:
- Bohemios 1989
- Bohemios Vol. II 1991
- Noite das Pepitas
- Bohemios Vol. III 1995
- Carumas 1999
- DVD Música en el alma. Ferrol por las venas
- Viaje musical 2009
- Corazón de Bohemios 2018
Na actualidade a Agrupación está composta por vinte e sete voces masculinas distribuídas en tenores primeiros, tenores segundos, barítonos e baixos, un clarinete, unha frauta e catorce instrumentos de corda: guitarras, guitarra baixa, laúdes, bandurras, mandolinas.
Os Bohemios continúan hoxe mirando ao futuro tendo como proxecto máis inmediato, ademais das actuacións comprometidas, o proceso de preparación do que será o seu novo traballo discográfico e traballando para a festa da Noite das Pepitas de Ferrol, de Interese Turístico de Galicia, que se celebra o 19 de marzo.
Coa firme ilusión de exportar o seu quefacer musical fóra de Galicia, nomearon como madriñas a dúas mulleres segovianas.
La actual es la señora Martina Aneiros Barros.
O director é o músico José Miguel Calabuig Juan e o seu presidente, Carlos López Pedreira.
Agrupación Artística Ferrolana BOHEMIOS
- Madriña: Blanca García Olivares
- Presidente: Carlos López Pedreira
- Director: José Miguel Calabuig Juan
- Compoñentes: 39
- Contacto: bohemiosferrol@gmail.com