Por medio de intercambios con outros grupos, inclusión nos Circuitos Culturais da Xunta e programas culturais doutros Concellos, a Rondalla ten actuado en numerosos actos e festas en Galicia. Entre eles salientamos:

  • Teatro Rosalía de Castro, en Coruña
  • Colegio Peleteiro, en Santiago
  • Teatro García Barbón, en Vigo
  • “Festa dos Maiores” en Curtis (2005)
  • “Magosto” en Ares (2005)
  • “Noite das Pepitas” en Ferrol, 1999-2002 e 2012-2023 e actuacións no Casino ferrolano.
  • Festivais de Rondallas e de Música de Corda, entre eles varios anos ó de Ourense
  • Festivais de Panxoliñas, como o Festival de Panxoliñas de Vigo
  • Festival de Habaneras da Coruña.

Tamén tivo actuacións fóra de Galicia. Entre as máis salientables, no verán do 2006 actuou en Cáceres o“Día del emigrante” e en Benidorm en agosto. Actuación en Sevilla (2007) convidada polo Lar Gallego, actuación en Gijón o 2010, e o 25 de xullo do 2012 en Madrid co motivo do Día da Patria Galega. En 2017 en Santander ,o 22 de xullo, maio de 2018 en Avilés, 2019 en Tapia de Casariego, en 2023 no Encontro Ibérico en Montemor o Velho (Portugal)

Catro aparicións na Televisión de Galicia, nos programas “Luar” (2), “Desde Galicia para el mundo”e “A Solaina”.

Organiza tódolos anos en Cariño cinco eventos musicais: Festival para o Bautizo da Madriña, un Festival de Primavera, un Festival de Habaneras en xullo a favor de Cáritas, un Concerto de Rondallas en outubro e un Concerto Benéfico de Nadal a favor da organización Aspromor. En total, fai de media unas 24 actuacións por ano.



Rondalla CARIÑO

  • Madriña: Lucía Fraguela Mariña
  • Presidenta: Rosa Mª Gómez Villasuso
  • Directora: Marisa Novo Fraguela
  • Compoñentes: 45
  • Contacto: rondalladecarino@gmail.com