A Rondalla "SÓ ELAS" nace a partires dun grupo de mulleres que gustan de cantar no Café Sevilla, rexentado por Helga e Carlos. Lugar de encontros de músicos e xente con ganas de cantar intentando manter a tradición da cidade.

O fin principal desta Rondalla é a promoción da muller en ambitos sodas e culturais onde é minoritaria a súa presenza. Entre os temas que interpretan destaca "Mis Derechos de Mujer" de Helena Gadea, canción que move as emocións máis íntimas daqueles que a escoitan.

A Rondalla constitúese oficialmente o 12 de Febreiro do ano 2019.

Con axuda do Conselleiro de Cultura, Suso Basterrechea, presentámonos ao público ferrolán, no marco incomparable do Teatro Jofre, (que esgotou as entradas en apenas media hora). Neste acto estivemos acompañadas na Dirección por "Niurka Carbonell" e polo noso PADRINO Honorífico "SUSO BALADO". Persoa entrañable e moi querida por todas nós. El ensinaba a moitas mulleres a tocar a guitarra e cantar polos bares da cidade.

A partires desta presentación, tivemos numerosas aparicións nos medios audoivisuais (TVG, radio e prensa).

A maioría de actuacións foron en Asociacions, festas da ciudade e tamén tivemos a oportunidade de colaborar con diversas asociacions, sen ánimo de lucro, como residencias de maiores, Asociación "AFINOR" contra a fibromialxia, a Gala contra o Cancro, a operación "A Ilusión dun Xoguete", co Patronato de Concepción Arenal, recollida de alimentos para a cociña económica....

No ano 2020, xa baixo a dirección do noso Director actual "FRANK RODRIGUEZ" presentamos ao noso Padriño Oficial "DANIEL RÍOS" (que repetiu en 2021). El foi o primeiro en acompañarnos na Noite das Pepitas, aínda que non puidemos rondar. Neste ano as aparicións das rondallas foron escasas pola situación sanitaria que nos tocou vivir.

A nosa Rondalla non parou de ensaiar con tutoriais e duras restricións. Ninguna de nós é profesional e case todas collíamos por primeira vez un instrumento (nótase que tivemos que traballar, e seguimos facéndoo, moitísimo) pero grazas ao bo facer e sobre todo á moita paciencia que noso querido DIRECTOR ten con todas nós, aos seus ánimos e motivacións, pouco a pouco irnos facéndoo mellor.

Sempre que temos a oportunidade de saír ás rúas a apoiar as actividades da cidade, saímos.

O ano 2021 a pandemia deunos unha tregua e empezamos a saír polas rúas de Ferrol e o seu rural.

Tivemos moito éxito en Ferrol Escena, sendo as más solicitadas polas Asociacions.

Ademáis tivemos o honor de ser invitadas para colaborar co noso CONCELLO, mediante a solicitude de CITES para repartir caraveis polas rúas animando a ciudadanía a cantar "NAS ONDAS DO MAR " Nas xanelas para seguir coa tradición "das Pepitas". Unha experiencia inolvidable porque en realidade repartimos alegría. Moitos comerciantes da cidade e os barrios colindantes colaboraron con nós lucindo os escaparates coas nosas capas e escarapelas. Demostrando a fortaleza de superación que teñen os comerciantes da nosa cidade.

Estívemos felices apoiando na "FESTA DA ILUSTRACIÓN" que se facía por primeira vez na cidade e estaba organizada por CITES.

Sempre estamos dispostas a colaborar en todas as iniciativas que axuden ao progreso de Ferrol.

Tamen fomos a actuar a "LUAR" onde o seu presentador JOSE RAMÓN GAYOSO solicitou ser o noso próximo padriño. Deixounos soñar por un tempo pero, lamentablemente, no puido ser.

Por fin púidose facer as actuacions das "PEPITAS" aínda que foron en Setembro.

E por fin, puidemos ir rondar ao noso padrino DANI RIOS en Novembro pola súa onomástica.

En Decembro as "PANXOLIÑAS" no Teatro Jofre e terminamos o ano con alegría e ilusión de haberse relaxarse a pandemia.

O ano novo veu cheo de sorpresas. Nos convocaron para ir ao colexio "SAN XOAN de Filgueira" de Ferrol a dar unha pequeña charla informativa do que eran as rondallas e as súas tradicións. Era a nosa primeira vez e resultou moi gratificante tanto para todas nós como para os nenos que involucráronse totalmente, vindo ataviados con capas. Nos intercambiamos escarapelas por chapas y pulseras que nos fixeron. Fue precioso o intercambio de agasallos.

Este ano temos que dicir adeus ao noso querido padriño DANI RIOS e outra vez teremos o honor de ter a ALEJANDRO PERMUY como Padriño 2022, que con moita ledicia aceptou a nosa proposta.



Rondalla SÓ ELAS

  • Padriño: Emilio Romero Fabal
  • Presidente: Helga Patiño Montouto
  • Director: Francisco Rodríguez Rodríguez
  • Compoñentes: 60
  • Contacto: rondallasoelas@gmail.com