Creada a finais do ano 2022, a Rondalla O Son do Mar é a mais xove das rondallas ferrolanas e fai a súa presentación en público o día 10 de marzo de 2023.
O Son do Mar é unha agrupación vocal-instrumental, do tipo das rondallas ferrolás con voces mixtas, de mulleres e homes, e instrumentos de corda, guitarras, bandurras e laúdes, máis percusión. Na súa curta traxectoria ten realizado 19 concertos e na actualidade dispón dun repertorio de 14 obras que amosan as diferentes liñas interpretativas desta agrupación (pezas instrumentais, para voces solistas e armonías corais)
Interpretan música ferrolá, boleros, tangos, música galega e tamén música moderna, toda ela baixo o denominador común das cancións románticas.
Nun concerto de hora e media pódense atopar temas de Luz Casal, Maná, Luis Emilio Batallán, Os Panchos, Carlos Gardel, Pacho Galán, Antón Seoane ou creacións propias do propio director da Rondalla: Juan Brage.
Rondalla O SON DO MAR
- Padriño: Antonio Ruibal Gómez "Caruso"
- Presidente: Ana Maria Pereiro Robles
- Director: Juan Brage
- Compoñentes: 36
- Contacto: rondallaosondomar@gmail.com