A rondalla Sonidos del Alba pertence á Agrupación Cultural que leva o mesmo nome.
Unha ducia de mozos formaron esta agrupación en 1996, participando en 1997, por primeira vez, na tradicional festa ferrolá, hoxe declarada de interese turístico de Galicia. Desde entón transcorreron vintesete anos nos que Sonidos del Alba non faltou á cita coa Noite das Pepitas conseguindo, xunto a outras rondallas, que “Ferro se volva canción” cada ano na primavera.
Participa no circuito da deputación e no programa Ferrol Escena do Concello de Ferrol, e está sempre disposta a formar parte da programación festiva de concellos, asociacións culturais e de veciños, e naqueles festivais benéficos onde poida apoiar o traballo social que levan a cabo outras entidades, interpretando temas coñecidos de diferentes tipos de música entre os que destacan os boleros, as habaneras, a música tradicional e outros xéneros.
Tamén adoita ser convidada a distintos eventos e festivais en lugares como Ourense, León, Asturias ou Cantabria, entre outros.
No ano 2001 foi galardonada pola Sociedade Artística Ferrolana, SAF, como “Rondalla do Ano”.
Está dirixida por Ricardo Blanco Rodríguez, catedrátco do Conservatorio Superior de Música da Coruña e recoñecido pianista, tras conseguir diversos premios como solista.
Na actualidade está presidida por Enrique López Mosquera.
A Madriña deste ano 2024, que os acompaña nas actuacións, é Marta Rico Cotelo.
Rondalla SONIDOS DEL ALBA
- Madriña: Marta Rico Cotelo
- Presidente: Enrique López Mosquera
- Director: Ricardo Blanco Rodríguez
- Compoñentes: 42
- Contacto: acrsonidosdelalba@gmail.com