Esta rondalla nace en 1950 dirixida por Julio Varela.

Durante bastantes anos estivo sen actividade, ata que reaparece en 1980 baixo a dirección de Antonio Yllobre que a dirixe ata 1983, ano no que se fai cargo da dirección o seu irmán Leovigildo Yllobre ata o seu falecemento en xullo de 2015. A continuación é dirixida durante algo máis dun ano por Daniel Adzemian e a partir de setembro de 2016 está dirixida por Ángel Carro.

Dende os primeiros anos as actuacións son fundamentalmente de ámbito local e comarcal, sen esquecer a participación en todos os eventos do concello de Ares, participan tamén en acontecementos musicais da provincia, especialmente na celebración do Día das Pepitas en Ferrol e Mugardos, certames nos que leva participado durante moitos anos. A súa actividade amplíase moito grazas á participación nos circuitos da Deputación da Coruña.

Tras unha fonda crise nestes anos de pandemia, no pasado ano 2022 volve con forza, con actuacións en festas de sona como a das “Peras” en Pontedeume ou a da “Faba” en Lourenzá.

No ano 2023 os proxectos amplíanse moito con 6 concertos pola Deputación da Coruña ademáis da participación nas Pepitas de Ferrol e Mugardos e moitos concertos na bisbarra de Ferrol.

Recentemente segue ampliando horizontes en festas tradicionais como a do “Codillo” na Rúa de Valdeorras.

Despois de moitos anos presidida por Ángel Barreiro, en novembro de 2022 pasa a ocupar a presidencia Juan Sanjurjo.

A rondalla conta na actualidade con 32 compoñentes.

A súa madriña no 2024 é Zeltia López Grandal.



Rondalla TROVADORES DE ARES

  • Madriña: Zeltia López Grandal
  • Presidente: Juan C. Sanjurjo Pinto
  • Director: Ángel Carro Guzmán
  • Compoñentes: 31
  • Contacto: jsanjurjopinto@gmail.com