Premios de investigación Concello de Ferrol

Que son

Estes premios teñen como finalidade apoiar e impulsar os labores de investigación realizados nalgún dos cinco ámbitos universitarios cos que se relacionan.

Poderanse relacionar xa sexa desde un enfoque estrictamente teórico, a partir da análise de experiencias/feitos concretas/os ou como proxectos de futuro, podendo polo tanto ter unha perspectiva histórica, de presente ou como proxección de futuro.

A convocatoria dos premios terá carácter bianual:

Nos anos pares serán convocados os premios de investigación Ángeles Alvariño e González Llanos.

Nos anos impares serán convocados os premios de investigación Concepción Arenal, Enxeñeiro Comerma e Antonio Usero.

Poderán optar a estes premios e con independencia da súa nacionalidade:

Cada edición de cada premio estará dotada con 10.000 €/premio.

A esta cantidade aplicaráselle as retencións a que houbese lugar en función da normativa tributaria vixente.

As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria destes premios no Boletín Oficial da Provincia da Coruña ata o 28 de setembro do 2018.


Premios

Os 5 premios de investigación son os seguintes

Ángeles Alvariño
Referido ao ámbito das Ciencias e ás titulacións universitarias que nel se inclúen (ANOS PARES)
González Llanos
Referido ao ámbito da Enxeñería e da Arquitectura e ás titulacións universitarias que nel se inclúen (ANOS PARES)
Concepción Arenal
Referido ao ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas e ás titulacións universitarias que nel se inclúen (ANOS IMPARES)
Enxeñeiro Comerma
Referido ao ámbito das Artes e das Humanidades e ás titulacións universitarias que nel se inclúen (ANOS IMPARES)
Antonio Usero
Referido ao ámbito das Ciencias da Saúde e ás titulacións universitarias que nel se inclúen (ANOS IMPARES)

Bases

Anuncio das bases que rexerán a convocatoria dos premios

PREMIADOS/AS

Consulte os premiados en anteriores edicións

CONVOCATORIA

Convocatoria publicada no boletín oficial da provincia da Coruña

XURADO

Consulte o xurado da convocatoria 2018