Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

IVTM Solicitude de beneficios fiscais no Imposto sobre vehículos de tracción mecánica

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR A SOLICITUDE

 

Datos solicitante: A persoa solicitante será a obrigada ao pagamento e poderá actuar por medio de representante.

 

Datos representante: Só se cumprimentarán estes datos cando a persoa solicitante actúe a través dun representante asignado. En caso de persoas xurídicas a representación deberá acreditarse con poder bastante, mediante documento público ou privado con sinatura debidamente lexitimada notarialmente ou por comparecencia. En caso de persoas físicas, bastará con autorización orixinal asinada polo interesado, e a copia dos NIF.

 

Datos do obxecto tributario: Será necesario cumprimentar todos os datos indicados relativos ao vehículo do que solicita o beneficio fiscal.

 

Solicitude: Segundo sexa exención ou bonificación marcarase cun X na casiña correspondente e se acompañará a documentación que se indica debaixo de cada apartado.

 

-En caso de exencións se se trata de:

a) Vehículo conducido por persoa con discapacidade.

b) Vehículo destinado a transporte de persoas con discapacidade

Nestos casos a exención aplicarase en tanto se manteñan ditas circunstanciás, tanto aos vehículos conducidos por persoas con discapacidade como aos destinados ao seu transporte.

c) Tractor, remolque, semirremolque e maquinaria provista de cartilla de inspección agrícola.

 

-En caso de bonificacións se se trata de:

a)Vehículo con antigüidade superior a 25 anos.

De non ter acreditación da data de fabricación, tomarase como data a primeira matriculación, e de non coñecela, tomarase a data na que se deixou de fabricar. En calquera dos casos achegará documentación xustificativa.

b)Vehículo cuia potencia do seu motor sexa desenvolta polo menos nun 50% por enerxia non contamintante.

Deberá achegarse a documentación técnica que o acredite.

 

Tramitación: Se a solicitude ou a documentación presentada tiveran algún defecto, ou non se achegara toda a documentación precisa, concederáselle ao interesado o prazo de dez días para que subsane as deficiencias, advertíndolle que transcorrido ese prazo sen que o faga, arquivarase a solicitude sen máis trámites. A solicitude resólvese coa Resolución da Alcaldía que se notificará ao interesado no seu domicilio. O prazo para resolver é de seis meses. Se nese prazo non se resolvera, a solicitude entenderase desestimada.

 

Normativa reguladora:

Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Real decreto 1065/2007, de 27 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos.

Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do Concello de Ferrol.

Ordenanza fiscal xeral do Concello de Ferrol.

 

Calquer persoa física o xurídica que desexe presentar un solicitude de beneficios fiscais no IVTM (Importo sobre vehículos de tracción mecánica)
No caso de solicitalo en nome dun terceiro deberá acreditarse a representación do mesmo.

As personas físicas poderán presentalo presencialmente ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

As persoas xurícas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 únicamente poderán presentalo de forma electrónica.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e a declaración deben descargarse/imprimirse e despois de cuberto e asinado xunto coa documentación a achegar, se é o caso, pódese presentar en:

Rexistro de entrada do Concello de Ferrol
Praza de Armas, s/n. 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.

Telf.: 981.944.023

ELECTRÓNICAMENTE

Para presentar a solicitude de manera electrónica, vostede deberá:


  • Cubrir o modelo de Solicitude de beneficios fiscais no IVTM e no seu caso a Declaración responsable para o IVTM.

  • Asinar electrónicamente tanto a solicitude e declaración como a demáis documentación que se achegue.

  • Tramitar unha “Nova solicitude electrónica” onde se engadirá a documentación a presentar.

  • Unha vez feita a solicitude electrónica vostede obterá o xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Solicitude de beneficios fiscais no IVTM e Declaración responsable (si é o caso) debidamente cubertos e asinados, así como a documentación exisida en cada caso.

Tipos de documentos permitidos : PDF, ZIP, RAR, DWG e JPG.

Pódense achegar ata 15 documentos, cun límite total de 50 MB.


Volver
Rexistro electrónico