Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Tramitar en Carpeta Cidadá

PM-03. Solicitude de CERTIFICADO de empadroamento

¿QUÉ É O VOLANTE DE EMPADROAMENTO?
É un documento de carácter puramente informativo en relación coa residencia no municipio e o domicilio habitual no mesmo conforme a os datos do Padrón Municipal de Habitantes.

¿QUE É O CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO?
É un documento público fehaciente en relación coa residencia no municipio e o domicilio habitual no mesmo conforme a os datos do Padrón Municipal de Habitantes.

¿PARA QUÉ SIRVEN?
Os ciudadanos precisan de volantes ou certificados de empadronamento segundo lles sean requiridos para a realización de trámites tales como: expedición do DNI., pasaporte, Xefatura de Tráfico (altas, transferencias, matriculación de vehículos, modificación de datos), bolsas de traballo, universidade, parellas de feito, aduanas, residencia de anciáns, solicitude de vivendas, matrículas de institutos, colexios e garderías, Trámites Axencia Tributaria, Colegxación ante colexios profesionais, cursos de formación, adquisición de vivendas, Instalacións municipais etc.

O concello e a Dirección do INSS (Instituto Nacional da Seguridade Social) estableceron un protocolo de colaboración para que os solicitantes do Ingreso Mínimo Vital non teñan que desplazarse presencialmente ás oficinas municipais para obter o certificado de empadroamento que requiere a tramitación desta prestación social. Mediante o procedemento establecido os solicitantes poderán dar ao INSS o seu consentemento para que este organismo poida recabar esa información do Concello.


- ELECTRÓNICAMENTE : Pode descargalo no momento premendo no botón Tramitar na carpeta cidadá , ou accedendo dentro do menú As miñas xestións ao apartado Obtención do volante de empadroamento, ou no menú da dereita premendo na icona Certicado/Volante de padrón, sempre previa identificación electrónica por calquera dos métodos admitidos polo sistema cl@ve : certificado electrónico, DNIe, cl@ve pin ou cl@ve permanente.

- PRESENCIALMENTE : Na oficina de Estatística do Concello previa cita telefónica que poderá obtela chamando ao teléfono 981 944 000 extensión 236 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

  Documentación requerida

  • DNI do solicitante ou documento acreditativo da súa identidade como Documento Nacional de Identificación de Extranxeiros ou o Certificado de Ciudadano da Unión Europea onde conste o NIE xunto co pasaporte ou documento de identidade do país de orixen.

   Documentación requerida

  • DNI do solicitante ou documento acreditativo da súa identidade como Documento Nacional de Identificación de Extranxeiros ou o Certificado de Ciudadano da Unión Europea onde conste o NIE xunto co pasaporte ou documento de identidade do país de orixen.
  • Documentos acreditativos da identidade de todos os empadroados no domicilio. Para os menores de idade deberase aportar copia do certificado de naciemento ou do libro de familia. Para os menores extranxeiros nacidos en España, copia do libro de familia o cal será documento válido durante un prazo máximo de tres meses desde o seu nacemento, tralo cal dita acreditación realizarase coa mesma documentación exixida para os maiores de idade. Para menores extranxeiros non nacidos en España exixirase os mesmos documentos de identificación de persona maior de edade.
  • Solcitude asinada.


  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.
  • Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento de poboación e demarcación das entidades locais.

Volver
Tramitar en Carpeta Cidadá