|
- ELECTRÓNICAMENTE : Pode achegar a folla padroal cuberta e asina dixitalmente xunto co resto de documentación requirida. A folla padroal deberá ir cuberta e asinada electrónicamente. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediente o sistema Cl@ve e acceder á tramitación elctrónica premendo no botón Rexistro electrónico desta solicitude.
- PRESENCIALMENTE : Na oficina de Estatística do Concello previa cita telefónica que poderá obtela chamando ao teléfono 981 944 000 extensión 236 en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Hoja padroal cumprimentada e asinada. *Se se presenta de forma telemática as sinaturas deberán ser dixitais
- Documentación acreditativa da identidade:
Españois: DNI (obrigatorio para maiores de 14 anos)
Extranxeiros:
- Cidadáns de Estados membros da Unión Europea, Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suiza: Certificado de Rexistro de Cidadán da Unión, no que conste o Número de Identidade de Extranxeiro (NIE), xunto co documento acreditativo da identidade ou pasaporte expedido polas autoridades do seu país.
- Resto: Tarxeta de identidade de extranxeiro expedida polas autoridades españolas, na que conste o Número de Identidade de Extranxeiro (NIE) ou, no seu defecto, pasaporte expedido polas autoridades do seu país.
Menores de idade:
- Ata os 14 anos: Libro de Familia ou Certificado de nacemento, no caso de que non dispoñan dun documento de identificación.
- Maiores de 14 anos: os mesmos documentos de identificación exixidos para os maiores de idade.
Os documentos de identificación deben estar en vigor.
- Documentación acreditativa de representación de menores e de persoal con discapacidad para o exercicio da capacidade xurídica:
Menores non emancipados: Libro de Familia ou Certificado de nacemento.
Empadronamiento con un solo progenitor:
- Si existe, resolución xudicial sobre a garda e custodia.
- Consentimento do outro proxenitor ou autorización xudicial, en virtude do art. 154 do Código Civil, para levar a cabo o cambio de domicilio ou de residencia.
- Excepcionalmente, en determinados supostos, declaración responsable xustificando a imposibilidade de dispor da sinatura do outro proxenitor, segundo modelo do Concello.
- Si a garda e custodia é compartida e a resolución non se pronuncia sobre o lugar de empadroamento, deberá aportarse sempre o mutuo acordo de ambos proxenitores ou unha resolución xudicial que se pronuncie expresamente sobre o empadroamento.
Persoas con discapacidade para o exercicio da sua capacidade xurídica: Autorización ou resolución xudicial que acredite a representación.
- Documentación acreditativa do domicilio
- Título de propiedade (Escritura, contrato de compravenda, Nota do Rexistro...).
- Contrato vixente de arrendamento de vivenda para uso de residencia habitual acompañado do último recibo de alquiler.
- No caso de Autorización de persoa empadroada: título acreditativo da posesión efectiva da vivenda (propiedade, alquiler...) a nome da mesma.
Cando se cumprimenten ou presenten autorizaciones acompañaránse fotocopias dos documentos de identidade dos autorizantes.
EMPADROAMENTO DE MENORES
Empadroamento con ambos proxenitores. No caso de que se solicite a inscrición ou cambio de domicilio dun menor con ambos proxenitores, exisirase ademáis a cumplimentación da folla padronal ou formularios para que se notifiquen ao Concello os datos da inscrición, asinada polos dous.
Empadroamento cun solo dos proxenitores, cando non exista separación ou divorcio ou non existe resolución xudicial que se pronuncie sobre a garda e custodia (separacións de feito o separacións en tramitación).
No caso de que solicite a inscrición ou cambio de domicilio dun menor cun solo dos proxenitores e non exista unha resolución xucial que se pronuncie sobre a garda e custodia, deberase exisir ademáis a sinatura de ambos. A sinatura do outro proxenitor non incluido na folla padroal poderá recollerse na mesma, se estivera habilitada para elo, ou nunha autorización por escrito que acompañe á folla padroal.
Cando excepcionalmente non se dispoña da sinatura de ambos proxenitores, deberá aportarse unha declaración responsable facendo constar que ambos ostentan a garda e custodia do menor e que non existe resolución xudicial que se pronuncie ao respecto, xustificando a imposibilidade de dispor da sinatura do outro proxenitor e que o menor convive co mesmo.. (Declaración responsable do proxenitor - Sen resolución xudicial sobre a garda e custodia)
Empadroamento cun solo dos proxenitores, cando existe resolución xudicial que se pronuncia sobre a garda e custodia:
-Garda e custodia atribuida en exclusiva a un proxenitor. Nos supostos de garda e custodia de menores atribuida en exclusiva a un proxenitor en virtud de resolución xudicial, corresponderá a este instar as inscricións dos menores no Padrón ou as modificacións dos seus datos, de acordo co artigo 54.2 do Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais.
Para elo, xunto coa resolución xudicial, deberá aportarse unha declaración responsable de que dita resolución está en vigor, que non existe outra posterior que modifique os termos da garda e custodia e que o proxenitor que realiza a solicitude non se encontra incurso en algún dos supostos de feito previstos nos artigos 103.1.c) ou 158.3.c) do Código Civil. (Declaración responsable do proxenitor - Aportando resolución xudicial sobre a garda e custodia)
-Garda e custodia compartida por ambos proxenitores. Nos supostos de garda e custodia de menores compartida por ambos proxenitores, se a resolución xudicial pola que se fixa a mesma non se pronuncia sobre o lugar de empadroamento, o Concello exigirá proba documental de que existe mutuo acordo entre os proxenitores antes de tramitar calquer modificación do domicilio do menor e, en caso de que non se poida acreditar o mutuo acordo, deberá exisir a presentación dunha nova resolución xudicial que se pronuncie expresamente sobre o empadroamento, e non levar a cabo a modificación en tanto non se aporte algún dos documentos anteriores.
Empadroamento de menores nun domicilio distinto ao dos pais que ostenten a súa garda e custodia.Para o empadroamento de menores nun domicilio distinto ao dos pais que ostenten a súa garda e custodia requerirase a autorización por escrito de ambos, ou dun deles xunto coa correspondente declaración responsable (Declaración responsable do proxenitor con ou sen resolución xudicial sobre a garda e custodia).
Menores tutelados. Nos supostos de tutela, acollemento, etc. a representación acreditarse mediante a aportación da resolución xudicial ou administrativa correspondente.
Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.
Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento de poboación e demarcación das entidades locais.
Resolución do 29 de abril de 2020, da Subsecretaría, pola que se publica a Resolución do 17 de febreiro de 2020, da Presidencia do Instituto Nacional de Estatística e da Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local, pola que se ditan instruciones técnicas aos concellos sobre a xestión do Padrón municipal.