Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver

SOLICITUDE PARA O RECOÑECEMENTO DA CARREIRA PROFESIONAL HORIZONTAL DO PERSOAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE FERROL

A carreira profesional é un recoñecemento do dereito do persoal empregado do Concello de Ferrol a progresar de maneira individualizada como recoñecemento ao seu desenvolvemento profesional, no que ten que ver con coñecementos, formación, experiencia, participación e iniciativas concretas de traballo que supoñan implicación e compromiso co Concello e outros aspectos relevantes, segundo o caso, para a correspondente profesión.

Os/as empregados/as públicos do Concello de Ferrol nos termos previstos legalmente.

  • MODELO SOLICITUDE RECOÑECEMENTO INICIAL DE GRAO AO ABEIRO DO DISPOSTO NO REGULAMENTO PARA O RECOÑECEMENTO DA CARREIRA PROFESIONAL HORIZONTAL DO PERSOAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE FERROL (debidamente cuberto)

  • CERTIFICADOS DE SERVIZOS PRESTADOS dos datos correspondentes ao tempo de exercicio profesional prestado no caso de servizos prestados noutras Administracións Públicas con anterioridade á toma de posesión como empregado público do Concello de Ferrol e que non teñan sido obxecto de recoñecemento previo, deben achegarse os correspondentes certificados de servizos prestados. Os datos correspondentes ao tempo de exercicio profesional prestado no Concello de Ferrol serán obxecto de comprobación polo servizo de Recursos Humanos, sen que se sexa necesario achegar documentación acreditativa dos mesmos.

  • DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DA FORMACIÓN ALEGADA. Deberá constar o número de horas e o programa formativo, sen todo o cal non serán válido

Tipos de documentos permitidos : PDF, ZIP, RAR, DWG e JPG.

Pódense achegar ata 15 documentos, cun límite total de 50 MB.


Volver