Calquer persoa física o xurídica que desexe realizar unha comunicación previa de posta en funcionamento de actividades inocuas.
No caso de solicitalo en nome dun terceiro deberá acreditarse a representación do mesmo.
Como facelo
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Rexistro electrónico" ou "Nova solicitude electrónica".
Como facelo presencialmente
Rexistro de entrada do Concello de Ferrol Praza de Armas, s/n. 15402 FERROL Horario de atención ó público: Luns a Venres: 09-14 h.
Rexistro auxiliar de Urbanismo Rúa María 52-54, 3ª andar 15402 FERROL Horario de atención ó público: Luns a Venres: 09-14 h.
Como facelo online
Pulsando o botón "Rexistro electrónico" ou "Nova solicitude electrónica"
Documentación requirida
Tipos de documentos permitidos : PDF, ZIP, RAR, DWG e JPG.
Pódense achegar ata 15 documentos, cun límite total de 50 MB.
Impreso CP-06 de comunicación previa de posta en funcionamento de actividade inocua.
Datos identificativos do solicitante:
Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
Persoas xurídicas: DNI do representante e documentación acreditativa da representación e Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
Carta de pagamento: será confeccionada no momento de presentación da comunicación previa polo Rexistro de Urbanismo (Edificio de Urbanismo, 3º andar)
Documento acreditativo da dispoñibilidade do local (escritura de compravenda, contrato de arrendamento, etc)
Certificado de EMAFESA xustificativo de que o local está dado de alta no servizo de subministración de auga potable para a actividade a desenvolver (solicitarase no local sito na Praza da Ilustración, 5-baixo). De ser o propietario do local o solicitante, poderá achegar a fotocopia do contrato de subministración de auga potable ao seu nome.
Certificado de fin de obras das obras, conforme estas se executaron de acordo co proxecto e licenzas que se autorizan/comunicacións previas presentadas, asinada polo/a técnico/a director/a e visada polo colexio profesional correspondente.
Certificado de illamento acústico do local expedido por empresa homologada, asinado por técnico/a competente da empresa homologada (PARA ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE CONTAMINACIÓN ACÚSTICA)
Instalación de sonómetro homologado co correspondente limitador, para locais de actividades susceptibles de contaminación acústica en edificacións de uso residencial.
Autorización ou declaración ambiental que proceda.