Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

Inspección técnica de edificios

Segundo o disposto na Constitución Española de 1978 no seu artigo 33, o contido normal do dereito de propiedade urbana, está integrado non só por un conxunto de facultades senón tamén de deberes, entre os que se atopa o deber básico dos propietarios de manter as edificacións en debidas condicións de seguridade e salubridade. Este deber de conservación, recollido na lexislación urbanística e da edificación, constitúe unha das manifestacións típicas da «función social da propiedade» (art. 33.2 CE), delimitadora do contido do dereito de propiedade privada en atención á finalidade ou utilidade social que, neste caso a propiedade inmobiliaria, debe cumprir. O artigo 9 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA), obriga aos propietarios de toda clase de terreos, construccións, edificacións e instalacións a destinalos aos usos permitidos polo planeamento urbanístico e mantelos en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade segundo o seu destino e con arranxo ás normas de protección do medio ambiente, do patrimonio e da rehabilitación. E o artigo 200 da LOUGA establece que os concellos deberán regular mediante ordenanza municipal o deber de inspección periódica das edificacións para determinar o seu grao de conservación. En cumprimento do referido mandato, o Concello de Ferrol, na súa sesión plenaria do día 26/12/2009 aprobou definitivamente a Ordenanza de Inspección Técnica de Edificios (publicada no BOP do 15/01/2010). Porén, a promulgación do recente RD 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan estatal de fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, unido á entrada en vigor da Lei 8/2013, do 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas, obriga a presentar aos edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva un novo informe de inspección (Informe de Avaliación de Edificios) xunto cunha certificación de eficiencia enerxética do edificio (previamente esixida pola Directiva 2002/91 CE do Parlamento Europeo e do Consello do 16 de decembro de 2002 e pola Directiva 2010/31 UE do Parlamento Europeo e do Consello do 19 de maio de 2010) así coma a avaliación das condicións básicas de accesibilidade universal (xa fixadas pola Lei 26/2011, do 1 de agosto, de adaptación normativa á Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade), establecendo se o edificio é ou non susceptible de realizar axustes razoables para acadar a súa satisfacción. Xa que logo e, segundo decreto do concelleiro delegado de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación de data 17/03/2014 (publicado no BOP nº 67 do 08/04/2014) - procedeuse á adaptación do modelo de informe do Concello de Ferrol aplicando o modelo tipo previsto no anexo II do Real Decreto 233/2013, do 5 de abril, denominado Informe de Avaliación de Edificios. Así o dispón o Bando Municipal ditado en data 17/03/2014.

Todos os edificios con máis de 50 anos de antigüidade e todas as edificacións catalogadas ou que formen parte dun conxunto que dispoña de protección de patrimonio cultural.

A obriga formal de acreditar o cumprimento do deber de conservación e da realización de axustes razoables en materia de accesibilidade universal da edificación verificarase mediante a obtención, por conta e cargo do propietario, do Informe de Avaliación de Edificios expedido polo técnico facultativo competente para levar a cabo esta función que el mesmo designe.
Presentarase preferentemente de forma telemática pulsando no botón iniciar trámite.
De non empregar a forma telemática poderá descargar os impresos normalizados dende esta páxina e presentalos no Rexistro auxiliar de Urbanismo, na rúa María nº 54, 3º andar en horario de 9h a 14:00h ou ou a través dos medios previstos a tales efectos na Lei 30/1992, do 26 de novembro (LRX-PAC).
As deficiencias que se observen xustificaranse no Informe de Avaliación do Edificio baixo o criterio e a responsabilidade do técnico competente que o subscriba. O informe referirase á totalidade do inmoble.
Advírtese que a teor do disposto no artigo 200.2 da Lei 9/2002, do 30 de Decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, o Informe de Avaliación de Edificios deberá presentarse co selo do Rexistro de Entrada do colexio profesional correspondente. Para tal efecto, quen opte pola presentación telemática do Informe de Avaliación do Edificio, deberá descargar o documento pdf e rexistralo no Colexio Profesional Correspondente, e dispoñerá dun prazo de quince días para entregalo no Rexistro do Concello para a súa constancia no expediente.
Como facelo presencialmente
Rexistro de entrada do Concello de Ferrol
Praza de Armas, s/n. 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.
Rexistro auxiliar de Urbanismo
Rúa María 52-54, 3ª andar 15402 FERROL
Horario de atención ó público:
Luns a Venres: 09-14 h.
Como facelo online

Para presentar a solicitude de manera electrónica, vostede deberá:


  • Cubrir o modelo

  • Asinar electrónicamente tanto o modelo como a demáis documentación que se achegue.

  • Tramitar unha “Nova solicitude electrónica” dándolle a tramitar no procedemento "Inspección técnica de edificios" onde se engadirá a documentación a presentar.

  • Unha vez feita a solicitude electrónica vostede obterá o xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Tipos de documentos permitidos : PDF, ZIP, RAR, DWG e JPG.

Pódense achegar ata 15 documentos, cun límite total de 50 MB.

  • Informe de Avaliación de Edificios segundo o impreso normalizado, con Rexistro de entrada no Colexio profesional correspondente.Advírtese que a teor do disposto no artigo 200.2 da Lei 9/2002, do 30 de Decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, o Informe de Avaliación de Edificios deberá presentarse co selo do Rexistro de Entrada do colexio profesional correspondente. Para tal efecto, quen opte pola presentación telemática do Informe de Avaliación do Edificio, deberá descargar o documento pdf e rexistralo no Colexio Profesional Correspondente, e dispoñerá dun prazo de quince días para entregalo no Rexistro do Concello para a súa constancia no expediente.
  • Certificación da eficiencia enerxética do edificio con Rexistro de entrada na Consellería de Industria nos termos establecidos na normativa que a regula
  • Reportaxe fotográfica do exterior e o interior, identificativa de cada unha das edificacións existentes na parcela e obxecto de inspección (en cor e tamaño mínimo 10 x 15 cm ou 300 PPP). Os informes desfavorables incluirán no seu contido a documentación gráfica das deficiencias ou danos existentes na edificación.
  • Plano de situación a escala mínima 1:1000 (DIN A4), coa definición gráfica dos límites da parcela e das edificacións inspeccionadas.
  • Consulta/s descritiva/s e gráfica de datos catastrais: Unha folla por cada finca ou parcela catastral.

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Rexistro de entrada do Concello de Ferrol Praza de Armas, s/n. 15402 FERROL Tlf: 981.944.023 Fax: 981.944.028 email: rexistro@ferrol.es Luns a Venres: 09-14 h.
Oficina do ITE Casa Solidaria Rúa Velazquez, 44, 15402 FERROL Tlf: 981.944.000 Ext: 324 / 330 Luns a Venres: 09-14 h.
Negociado de Urbanismo Calle María 52-54, 3ª pranta 15402 FERROL Tlf: 981.944.064 Luns a Venres: 09-14 h.
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro de entrada do Concello de Ferrol Praza de Armas, s/n. 15402 FERROL Tlf: 981.944.023 Fax: 981.944.028 email: rexistro@ferrol.es
Oficina do ITE Casa Solidaria Rúa Velazquez, 44, 15402 FERROL Tlf: 981.944.000 Ext: 324 / 330
Negociado de Urbanismo Calle María 52-54, 3ª pranta 15402 FERROL Tlf: 981.944.064
Oficina Horario
Rexistro de entrada do Concello de Ferrol Luns a Venres: 09-14 h.
Oficina do ITE Luns a Venres: 09-14 h.
Negociado de Urbanismo Luns a Venres: 09-14 h.

Volver
Rexistro electrónico