Calquer persoa física o xurídica que desexe obter unha comunicación previa de pasaxe.
No caso de solicitalo en nome dun terceiro deberá acreditarse a representación do mesmo.
Como facelo
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Rexistro electrónico" ou "Nova solicitude electrónica".
Como facelo presencialmente
Rexistro de entrada do Concello de Ferrol Praza de Armas, s/n. 15402 FERROL Horario de atención ó público: Luns a Venres: 09-14 h.
Rexistro auxiliar de Urbanismo Rúa María 52-54, 3ª andar 15402 FERROL Horario de atención ó público: Luns a Venres: 09-14 h.
Como facelo online
Pulsando o botón "Rexistro electrónico" ou "Nova solicitude electrónica"
Documentación requirida
Tipos de documentos permitidos : PDF, ZIP, RAR, DWG e JPG.
Pódense achegar ata 15 documentos, cun límite total de 50 MB.
Impreso CP-10 de comunicación previa de pasaxes.
Datos identificativos do solicitante:
Persoas físicas: DNI (ou documento que faga as súas veces). Os que comparezan ou asinen en representación doutro, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
Persoas xurídicas: DNI do representante e documentación acreditativa da representación e Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
Carta de pagamento da autoliquidación provisional: serán confeccionadas no momento de presentación da comunicación previa polo Rexistro de Urbanismo (Edificio de Urbanismo, 3º andar).
Xustificante de ser propietario ou arrendatario dos predios ou locais.
Fotografía da porta de acceso ao local, ou do lugar onde se queira instalar.
Informe da Policía Local coa determinación, de ser o caso, dos elementos ornamentais ou de mobiliario urbano que puidesen verse afectados.