Para presentar unha factura electrónica dirixida ao Concello deberase acceder ao Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas premendo no seguinte enlace:
A obriga de emitir factura electrónica afecta segundo o artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público (LFE) a:
A partir do 15 de xaneiro de 2015 as facturas que, debendo emitirse electronicamente fosen recibidas en papel non poderán ser tramitadas e devolveranse ao correspondente provedor para proceder a súa emisión v?a electrónica. As facturas serán remitidas a travás do Punto de entrada de facturas do Estado FACe (segundo artigos 6 e 11 de Disposición adicional quinta da LFE). A URL do punto de acceso de facturas é https://face.gob.es/#/es. Pódese acceder premendo no enlace desta páxina.
De conformidade co artigo 6.3 la LFE dende o punto xeral de entrada de facturas FACe permítese así mesmo consultar, por parte do provedor o estado de tramitación da factura.
Para os provedores que non dispoñan de programas informáticos adaptados o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo facilita un programa informático gratuíto de emisión de factura en formato facturae, que cumpre tódolos requisitos establecidos e que se pode descargar na mesma páxina web de FACe https://face.gob.es/#/es